O Anecdotario: «Merenda para dúas», por Rocío Candal

O día que coñeceu a María, non o olvida na vida

Como xornalista vivín un episodio curioso a temporada pasada. Contareino moi  brevemente. Partido de Terceira División, Arosa-Racing Villalbés. Mes de febreiro, últimos  encontros precovid. O Estadio da Lomba estaba en obras naquel momento, así que o equipo de Rafa Sáez xogaba os seus partidos como local en Vilaxoán, a escasos quilómetros de Vilagarcía.  Por motivos técnicos, nese recinto, os xornalistas ubicámonos na bancada, mesturados co público. 

Eu aquel día cheguei coma sempre, unha hora e cuarto antes do partido, e sentei máis ou menos á altura do medio do campo. Ao principio estaba soa, logo, en plena previa, uniuse un matrimonio;  terían 65 anos, máis ou menos, e ubicáronse na fila que estaba diante da miña.  

Sobre as 16:30 horas, despois de facer eu a primeira conexión coa radio para presentar as aliñacións, a muller xirouse cara min e iniciamos unha conversa. Explicoume que era a nai dun xogador do Arosa -non direi o nome por manter a súa privacidade- e ofreceume unha manta. “Fai moito frío, nena”, argumentou. Eu rexeiteina. Agradecinlle o seu bonito xesto, pero díxenlle que non se preocupase, que estaba ben. 

Pasaron uns minutiños e, sobre as 17:00 horas, principiou o partido. Cada pouco tempo, a muller miraba cara min e sorríame, nun xesto de complicidade. 17:47 horas, tempo de descanso, hora da merenda. María (nome ficticio) saca unha bolsa pequena chea de froita e convídame. Eu, novamente, agradezo infinitamente o seu xesto, pero entre aguantar o aparello da radio e o caderno de notas non me dan as mans para todo.  

Pouco despois, abre un paquete de tortas de arroz. “Colle aínda que sexa a metade, neniña, que algo tes que comer”, insísteme. Case simultaneamente, comeza a segunda metade, polo medio, María anima ao Arosa, sempre con berros respectuosísimos. 18:50horas, remata o partido,  despedímonos e eu, de camiño ao coche, sigo pensando nela, na súa bondade. Que gusto e que sorte atopar xente así. Descoñezo se María ten netos, senón, oxalá algún día os teña e poidan gozar dela. Que muller tan entrañable!

Rocío Candal Barbeito. Xornalista no En Xogo e Galicia en Goles. A voz do fútbol feminino autonómico

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 860

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.