As nosas guerreiras da fin de semana

A pasada semana deixounos unha gran nova: a primeira victoria do PM Friol no 2021. Pero tamén deixou malas noticias: cando xa semellaba que botarían a andar, a Xunta prohibiu as competicións autonómicas, como a Primeira Galicia Feminina, onde competirían PM Friol “B”, SD Antas e CD Lugo. De momento, porén, terán que agardar.

Pese a esta triste situación, o PM Friol protagonizou a alegría da semana, tras superar por 2-1 ao CD Parquesol e achegarse así á permanencia no Reto Iberdrola. As xogadoras de José Manuel “Ponfe” saíron ao campo coma un furacán e, froito esa intensidade, conseguiron o 1-0 no minuto 6, obra de Fanny. 

A partires de aí, o PM Friol dominou o xogo, aínda que sen demasiadas ocasións. Co 1-0 chegouse ao descanso. Na segunda metade, unha boa xogada de LP e Nerea traduciuse no 2-0, asinado por esta última. Co resultado favorable, as lucenses comezaron a sufrir os arreóns das visitantes, que conseguiron o 2-1 no 63′. O empate tornouse unha ameaza, pero as da Reigosa loitaron coma guerreiras nos últimos minutos para evitar perder dous puntos.

E así foi. Conseguiron manter a diferencia mínima ata o asubío final do colexiado. Con estes tres puntos, o PM Friol achégase ás súas rivais, e incluso pode saír dos postos da promoción de descenso. Eso sí, non hai marxe para o erro. Quedan catro xornadas que poden ser decisivas. 

Destacou Nerea Lombardero, unha rapaza do filial que está a asinar grandes actuacións co primeiro equipo e que anotou o 2-0 ante o Parquesol. Tamén Noemí de Andrés, futbolista que abandona o PM Friol pero que fixo un gran partido para despedirse, chegando incluso a salvar un gol. Foi, en liñas xerais, un bo partido de todas as xogadoras.

Tamén queremos destacar á colexiada lucense Tania Fente, que será asistente no primeiro clásico (FC Barcelona-Real Madrid) da historia do fútbol feminino que terá lugar no Camp Nou.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario