As nosas guerreiras da fin de semana

O 2020 remataba accidentado para o PM Friol: resultados que non chegaban, un adestrador destituido, un presidente collendo as rendas do equipo… pero a perspectiva do ano novo era optimista. De feito, o clube lucense xa conseguiu un novo adestrador, Jose Manuel González «Ponfe».

Porén, aínda que os próximos meses son afrontados con ilusión na Reigosa, o comezo do ano non foi o desexado, dado que as friolenses caeron por 1-3 no seu feudo ante o Real Oviedo, líder en solitario da categoría. As circunstancias nas que se desenvolveu o partido non foron as idóneas, dado que seis futbolistas estranxeiras do PM Friol aínda non chegaran a España despois do parón navideño por mor de trámites burocráticos. 

Pese ás baixas, as rapazas -dirixidas por Ángel Villar neste choque- comezaron moi bon o encontro. A presión alta inicial deu os seus froitos e concretouse no 1-0, obra de Ángela. A partires de aí, as asturianas levaron o peso do xogo, pero tiñeron serios problemas para crear oportunidades. Aínda así, as ovetenses conseguiron igualar o electrónico pasada a media hora de xogo e, no minuto 42, poñer o 1-2 por medio de Marina. 

Na segunda metade, as carbayonas saíron en tromba e obtiveron unha pena máxima, que foi detida pola gardamallas local Sara. Minutos máis tarde, no 73, as visitantes puxeron o definitivo 1-3 no marcador. Pese ao resultado, o visto na Reigosa foi máis positivo que negativo, e o PM Friol afronta un ano no que tratará de reaccionar para evitar o descenso.

Destacaron Nerea Lombardero e Laura Portabales, dúas rapazas do filial que asinaron unha excelente actuación, e a porteira Sara, habitualmente suplente, pero que mostrou un gran nivel.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.