Os clubes aceptan resignados a suspensión da Preferente

O conto de nunca acabar. O 8 de marzo de 2020, os clubes lucenses de Preferente xogaron o último partido ata o día de hoxe. A RFGF, deseosa de revertir a situación, decidía fai apenas unha semana que a Preferente Norte comezaría de novo o 31 de xaneiro de 2021. Porén, despois de dar o visto bon aos protocolos, a Xunta de Galicia decidiu suspender as competicións deportivas “amateur” . 

Esta medida, estrictamente sanitaria pero ao mesmo tempo polémica, afectou de cheo a todos os conxuntos da categoría. Os da nosa provincia, por suposto, tamén viron alterados as súas actividades (pouco despois de comezar a adestrar con normalidade). Nós quixemos saber como se vive esta decisión no seo dos clubes lucenses.

O técnico do Ribadeo, Rafa Casanova, di que “xa van dúas veces que comezamos a adestrar, e as dúas déronnos marcha atrás. Non se leva ben pero temos que facer caso ao que se nos di“. No CD Foz, o adestrador Javi Chinchón sinalou quelevámolo con resignación, pero creo que é o máis sensato. A mágoa é todo o bo traballo que fixeron os rapaces nestas semanas de adestramento, pero bueno, a ver se nuns meses volvemos á carga“.

En Santaballa levaban adestrando desde o día 21 de decembro, xa disputaran tres amistosos e tiñan outro preparado para esta fin de semana. Dani Moirón -preparador dos da Liga-, entende que “é unha situacion delicada e respetamos ao máximo as decisións das autoridades sanitarias, colaborando en todo o que se nos pida na loita contra a pandemia“. Pola súa banda, a SDC Residencia tamén respeta a decisión, tal e como sinalou Álvaro Meilán:O primeiro é a saúde de todos, se non se dan as condicións sanitarias axeitadas non se pode comezar. Pero a federación debe de tomar unha decisión, non podemos estar con esta incertidume“.

Na zona sur da provincia, o presidente da SD Sarriana, Manolo Sangil, afirmou que “eu apostaría por comezar nalgún momento. Se empezamos en marzo da tempo de sobra de rematar en xuño, ou incluso de coller as primeiras semanas de xullo. A situación agora é mala, algo que a Federación debía ter previsto antes de anunciar a volta do fútbol. Pero agora eu creo que deberiamos de competir, aínda que se comece dentro duns meses. Nós estamos metidos en acordos con patrocinadores, socios… invertimos carros en fichas, balóns, materiais, tests… que facemos agora se non se compite?”. Na mesma liña, o seu colega de Monforte, Óscar López (presidente do Club Lemos), sinalou que “estamos coa incerteza de saber se hai competición. Este parón fixo que tivesemos que parar na captación de socios, publicidade….”.

Así é como viven a situación os nodos clubes que, a priori, se enfrontarían entre eles nunha hipotética competición. Porén, cada vez semella máis obvio que non gozaremos do fútbol este semestre.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario