José Durán: «Estaría máis tempo pero non son un funcionario»

Un lustro despois da súa chegada, José Durán despídese do club da súa cidade. O adestrador lugués quixo analizar con nós o seu paso polo conxunto albivermello. E tamén o que vislumbra como o seu futuro máis próximo. FUTBOLINLUGO: Boas José! Parece que a aventura chegou ao final. Agardabas que o adeus fose así? JOSÉ […]

Diario dun mercado. Episodio 186

Os equipos lucenses da Terceira xa coñecen a proposta da Real Federación Galega de Fútbol sobre a división da categoría. A idea sería crear dous subgrupos seguindo criterios xeográficos. Se finalmente se leva a cabo, o Racing Vilalbés, o Polvorín e o Viveiro competirían xuntos. Á espera de como se aplicará definitivamente este criterio, os […]

Lourido (Meira CF): «Era o momento de vir para o Meira»

Dende o século pasado no mesmo equipo. Cada semana subindo o Marco de Álvare dirección A Veiga. Correndo a banda e liderando un vestiario. Xosé Xesús Lourido Fernández ‘Lourido’ (Meira, 08-05-1978) puxo fin neste verán a unha etapa de 21 temporadas no CF Riotorto. Un ascenso frustrado, dúas Copas que se escaparon no último partido, […]

Diario dun mercado. Episodio 185

Os equipos continúan coa planificación dunha temporada incerta. Quen pode telo máis doado para xogar, pode ser algún lucense que anda fóra das nosas fronteiras. É o caso do burelao Julio Delgado que seguirá pola Segunda B. Ficha polo Villanovense despois de chegar no mercado de inverno ao San Sebastian de Los Reyes. A pesar […]

Diario dun mercado. Episodio 184

Comezamos o episodio 184 do noso Diario dun Mercado falando dun dos homes de moda no fútbol lucense. Non é outro que Pablo Antas, autor do tanto do ascenso da S.D. Compostela a Segunda División B. O monterrosino continuará un ano máis nas filas do conxunto dirixido por Iago Iglesias, e ademáis adestrará ao xuvenil […]

As condicións da volta aos terreos de xogo

A Covid-19 chegou para quedarse, desgraciadamente. Xa fai varios meses que levamos adaptando distintas actividades das nosas vidas para pelexar contra esta dichosa enfermidade que nos merma. Unha desas actividades que cómpre seren adaptadas é o fútbol, polo que cada un de nós latexamos día si e día tamén. Onte, martes 4 de agosto do […]

O fútbol feminino retorna a Monforte de Lemos

O 2020 quedará por sempre nas nosas mentes. É evidente que a pandemia mundial que levamos sufrindo desde o mes de marzo supuxo diferentes retos a nivel individual e colectivo. Ao mesmo tempo, as moitas horas que pasamos nas nosas casas deron para pensar, algo que sempre é positivo. Entre todas as ideas que apareceron […]

Palabra de… Marcos Fernández: «Xa sería tempo de amigables»

Esta fin de semana, dun ano calquera, os futboleiros máis apaixoados estariamos de noraboa, polo menos os da parte da Mariña. O Triangular da Festa dos Chóferes de Alfoz daba o pistoletazo de saída aos amigables do verán. Logo de dous meses sen fútbol xa lograbamos matar o «gusanillo» e sobre todo volvíamos sentir esa […]

Diario dun mercado. Episodio 181

O Diario dun Mercado de hoxe comezámolo co equipo de revolucionou este atípico verán: o Pol. O conxunto chairego asinou a Gara, polivalente xogador que xogou a última temporada en Preferente nas filas do Ribadeo, e anteriormente militara no Friol. Na S.D. Chantada seguen a configurar o seu staff técnico, coa incorporación de Álex Porto, […]

Diario dun Mercado. Episodio 180

Comezamos esta nova entrega do Diario dun Mercado falando de adestradores. O C.D. Lugo non conta con José Durán para o banquiño do Polvorín, e o lucense finaliza así unha etapa na que acadou o desexado ascenso a Terceira, así como dúas permanencias na categoría nacional. Pablo Álvarez, ex xogador do C.D. Lugo e adestrador […]

Ramón Labrada, Meira CF: «Ás veces é necesario parar»

O campo da Lomba, en Meira, é un dos máis estéticos da provincia de Lugo. O seu anfitrión, o Meira, é un dos rivais que todos os equipos temen. E non é un medo infundado. Futbolistas con maior ou menor calidade pero que sempre deixan a pel no terreo de xogo, unha afección que presiona […]

Álex Varela (SD Chantada): «Isto acaba de empezar; tres anos non son nada»

Os seus temas xa resoan pola Ribeira Sacra. As súas primeiras decisións dende un banco manteñen vivo un proxecto. Para Álex Varela (10-11-1998, A Barrela – Carballedo) o fútbol e a música son dúas das súas paixóns. Polo de agora comeza a coller experiencia nos dous ámbitos dende a casa. Colgou as botas moi cedo […]

Diario dun mercado. Episodio 177

Na segunda quincena de xullo xa case sería tempo de iniciar a pretemporada nalgúns dos clubs da provincia. A falta de almanaques que programen o camiño, os clubs continúan preparándose para o que poda vir. Na Primeira Rexional, o Burela comunicou que Luis Salgueiro “Luchi” acompañará a Pepete na dirección do equipo. Pola súa banda, […]