O PM Friol está a pasar un ano difícil. Durante a primeira volta do Reto Iberdrola, o conxunto lucense non acadou os resultados agardados e, como consecuencia, remataron o ano 2020 en postos de descenso. Entre outras cousas, esta situación levou ao clube a destituir a Abraham García e buscar un sustituto. Desde A Reigosa traballouse arreo para asinar a un novo técnico, con experiencia no fútbol nacional e en distintas categorías do fútbol feminino, Jose Manuel González «Ponfe», oriundo de Ponferrada -o que lle da o seu apodo-.
Jose chega a Friol acompañado por Sergio Carrasco. Ambos ciegan ilusionados formarán un dueto que xa leva días trabajando para tratar de revertir a situación clasificatoria das lucenses. Hoxe quixemos falar co novo preparador do PM Friol para coñecer as súas sensacións nos primeiros días de adestramento e as esperanzas que ten depositadas na consecución dos obxectivos!
Un lance dun choque do PM Friol.
Futbolinlugo: Como están sendo as primeiras sesións de adestramento no PM Friol?
Jose «Ponfe»: Comecei co grupo o día 2. Daquela, o equipo estaba baixo de moral, pero durante a semana as rapazas foron mellorando o ánimo e collendo boas sensacións. Xogamos un bo partido contra o Oviedo, pero por erros puntuais non conseguimos puntuar. Pero moi contento de momento.
FIL: Como xorde a opción de asinar no PM Friol?
JP: Tiveramos un primeiro contacto no verán, pero por circunstancias persoais ao final non pechamos o trato. Agora foi o momento oportuno, falei co presidente e chegamos a un acordo. Estou moi contento e tratarei de lograr o obxectivo proposto pola directiva.
FIL: Por que decides dar o «sí» ao clube?
JP: En primeiro lugar, que polo de agora sempre adestrei a equipos que estaban nunha situación complicada, e para min eso é unha motivación extra. Ademáis, eu -que son de Ponferrada- levo moitos anos adestrando en Andalucía, pero sempre me deron moi boas referencias deste clube e agora quero aproveitar a oportunidade.
«Gústame o fútbol ofensivo, non deixar pensar ao rival…»
FIL: Que fútbol propoñerá agora o PM Friol?
JP: Gústame o fútbol ofensivo, presionar moito ao rival e deixar que pense pouco. Cantas máis veces cheguemos a portería máis ocasiones de marcar teremos… non concibo o fútbol doutro xeito. Gústame xogar en zona media ou avanzada, presionar, transicións rápidas… sempre me funcionou e penso que en Friol hai xogadoras con moita habilidade para facer isto.
O PM Friol baixo as ordes de Jose, nun adestramento.
«Temos un equipo moi compensado e competitivo.»
FIL: Que tratarás de cambiar con respecto á primeira volta?
JP: Cando non hai resultados sempre hai que cambiar cousas. Notei un equipo moi apagado ao chegar e, nuns días, a ilusión foise renovando. Quizais haxa que juntar máis as liñas, presionar máis… pero pequenas cousas que se irán traballando. O cambio de adestrador acarrea que as rapazas teñen que adaptarse a modelos, sistemas… que son totalmente distintos ao que estaban afeitas, pero moitas delas son moi intelixentes e apenas están notando o cambio, están trabajando moi ben.
FIL: Cres que as futbolistas teñen potencial?
JP: Si, hai xogadoras que entenden moi ben o fútbol e que pensan moi rápido. Estou moi contento con elas: futbolistas con calidade, velocidade… o medio do campo é excepcional, a defensa traballa moi ben pese a súa xuventude… hai un equipo moi compensado e que pode competir contra calquera. Agora están moi animadas, adestran moi ben… podemos conseguir moitas cousas.
FIL: Hai xogadoras con ficha do filial que están a completar moi bos partidos. Apostarás por elas?
JP: Si, de feito a pasada semana xa xogamos con seis do filial e nin se notou. Teñen moitas ganas, adestran con moitísima intensidade e demostran que queren entrar nas convocatorias. Toda a xogadora que o merezca irá convocada, e a que queira entrar no 11 inicial tamén sabe o que ten que facer. Eu pedireilles a todas o máximo, a que non o dea non poderá xogar.
FIL: Dada a túa experiencia -positiva- en sacara equipos adiante, confías en acadar a salvación?
JP: Si, ata o de agora sempre o conseguín. Hai que traballar moitísimo, temos como único obxectivo a permanencia. Agora temos que sumar puntos e seguir sumando puntos, non queda outra. A forma de traballar é a mesma que nos meus anteriores equipos.
«Temos que sacar puntos nesta fase. As circunstancias non son unha excusa.»
FIL: Dado o formato de competición, hai pouca marxe para o erro…
JP: Si, co formato cos distintos grupos temos que intentar pasar á seguinte fase cos máximos puntos posibles. Son circunstancias que son así este ano, pero non é excusa.
FIL: Está na túa mente a continuidade no clube, cumprindo ou non os obxectivos?
JP: Aínda non pensei niso. Primeiro conseguir os obxectivos, e despois xa se vería. Están tratándonos moi ben, estou moi contento e non me importaría sentarme coa directiva. Pero ata maio, temos que pensar tan só na permanencia e en acadar os obxectivos.
Agradecemos ao PM Friol e a Jose «Ponfe» a súa boa disposición, e enviamos moita sorte para a Reigosa, ogallá que siga albergando partidos de Reto Iberdrola moitos anos máis!!!!
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Esta web usa cookies operativas propias y cookies de terceros (tipo analytics) que permiten conocer sus hábitos de navegación para mejorar tu experiencia. Click en “Aceptar”, si quieres obtener la mejor experiencia. Puedes visitar "Ajustes" si prefieres configurar cuales se muestran.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie
Duración
Descripción
cookielawinfo-checkbox-analytics
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional
11 months
The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
viewed_cookie_policy
11 months
The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.