Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Segunda

Catorce xornadas na Segunda Rexional deron para colocar no máis alto da táboa ao Folgueiro e o Palas. Acompañados polo Xermade e polo San Roque en postos de ascenso directo. Ademais, permiten saber cales son os xogadores que máis aparicións teñen nos Onces Futbolinlugo. Algúns deles serán seleccionados a final de temporada para participar no […]

Os sobranceiros da Terceira na 11ª xornada

O Muimenta e o Quiroga son os campións de inverno da Terceira Rexional 2018/2019, categoría un pouco descabellada no grupo sur pola desorde de encontros debido as baixas antes do inicio de tempada do FC Becerreá e do Laxosa. Non obstante, agora todos os equipos rematan o ano en igualdade de condicións en canto a […]

Os onces da 14ª xornada na Segunda

O Folgueiro e o Palas perderon o último partido do 2018, aínda que marchan ao Nadal como líderes de cadanseu grupo da Segunda Rexional. O Xermade volve a postos de ascenso directo no norte e enfrontarase ao cadro do Vicedo na primeira cita do 2019. No sur, aprétase máis aínda a clasificación co empate do […]

As nosas redes falan

Hai moitas vertentes coas que se pode catalogar unha decisión arbitral; máis naturalidade e menos forofismo é o que se precisa na maior parte dos casos. Hoxe explicamos as actuacións arbitrais ao noso xeito. Ademais, rescatamos unha desas xa famosas fotos de vestiario dun equipo que está á alza e destacamos unha iniciativa especial para […]

As nosas redes falan

Abrimos con goles marcados nos últimos días na Preferente e coas historias que hai detrás de cada un deles: Chumi e Bossa. Ademais salientamos os resultados de dous equipos do fut fem que destacaron esta semana e que tiveron o seu protagonismo nas redes sociais: Friol B e Carballedo. Por último, rescatamos a unha desas […]

Os sobranceiros da Terceira na 10ª xornada

O Muimenta consolida o seu liderado á fronte do grupo norte da Terceira Rexional, despois dun triunfo importante na Fonsagrada. Ademais o Alfoz entra por primeira vez na temporada en postos de ascenso directo ao vencer no derbi ante un Celta Barreiros que se volve reforzar de cara ao segundo tramo de curso. Ademais, cambio […]

Os onces da 13ª xornada na Segunda

Aprétase a clasificación nos primeiros postos do grupo norte da Segunda Rexional despois da vitoria do Xermade no derbi ante o Roupar, aínda que o cadro verde continúa en postos de ascenso e o Folgueiro segue liderando. Pola contra, si houbo cambio de líder na zona sur xa que o Palas aproveitou o empate do […]

As nosas redes falan

Pasiño a pasiño vaise cambiando a solidariedade da sociedade e o deporte ten que estar á bandeira por ter un elemento integrador por natureza. Ademais, as boas imaxes vólvense repetir nun derbi e comprobamos que os campos de fútbol non son só para os futbolistas. Capacidades diferentes Os dous equipos do Friol feminino aproveitaron esta […]

Os sobranceiros da Terceira na 9ª xornada

O Muimenta afianza o seu liderado no grupo norte da Terceira antes de visitar ao segundo clasificado que non foi quen de vencer no combativo Catro Ventos. A goleada da xornada e, ao mellor, da temporada protagonizouna o Alfoz con 9 goles. No grupo sur, o Quiroga reduce as diferenzas co líder e o Sober […]

Os onces da 12ª xornada na Segunda

O Folgueiro e o San Roque mantéñense na cabeza de cadanseu grupo da Segunda Galicia, aínda que non gañaron nesta xornada. O Iberia empatou ante o cadro do Vicedo con dobrete incluído do incombustible Marcos e na clasificación o Roupar empata a puntos co líder logo de derrotar ao Guitiriz. No grupo sur, o Portomarín […]

As nosas redes falan

A última fin de semana de novembro foi especial polo compromiso amosado en moitos dos campos da provincia que se sumaron á campaña «En negro contra as violencias». Non obstante, botouse en falta xente; algúns d@s que non se perdían ningún partido deixaron de alentar dende a bancada. Aínda que de seguro o seguirán facendo […]

Os sobranceiros da Terceira na 8ª xornada

O Muimenta continúa como líder na zona norte da Terceira Rexional, ao igual ca no sur o Paradela que afianza a súa posición ao vencer ao Quiroga, o seu inmediato perseguidor. Xunto co cadro do San Martiño, o Antas foi o outro equipo da parte alta que non gañou. Ademais, a Milagrosa sae dos postos […]

Os onces da 11ª xornada na Segunda

A undécima xornada da Segunda Rexional trouxo un sempre especial derbi da horta con emoción e vitoria pola mínima do Lourenzá. O Folgueiro continúa na cabeza da táboa, seguido por un Guitiriz que volveu gañar e un Roupar que na actualidade é o equipo máis en forma da categoría se temos en conta as últimas […]

As nosas redes falan

A paixón coa que se vive o derbi da horta entre o Lourenzá e o Mondoñedo quedou demostrada nas redes sociais. Memes e os vídeos de dobraxe, que están de moda, protagonizaron o cruce amigable de bromas entre os veciños na previa dun dos encontros do ano na provincia. Nos 90 minutos dun choque igualado […]

Os sobranceiros da Terceira na 7ª xornada

Os primeiros postos da Terceira Rexional mantéñense ocupados polo Muimenta no grupo norte e polo Paradela que volve ao liderado no grupo sur. Un dos máis prexudicados da xornada foi o Celta Barreiros que caeu a quinta posición ao perder no seu duelo directo coa Milagrosa. Antas e Castroverde achéganse a postos de ascenso directo […]

Os onces da 10ª xornada na Segunda

A décima xornada de competición na Segunda Rexional non foi excesivamente boa para os equipos da parte alta. Dos oito primeiro clasificados de cada grupo, só dous conxuntos de cada un conseguiron os tres puntos. Si foi proveitosa para o San Roque que, coa súa vitoria e a derrota do Guntín, colócase líder por primeira […]

As nosas redes falan

Os derbis teñen un papel importante no noso fútbol; pouco ou nada hai mellor ca facer o que che gusta e enfrontarte aos teus coñecidos, veciños ou amigos e poder meterte un pouco con eles no caso de gañarlles. No campo é un conto, fóra del é outra historia, pero a deportividade debe reinar sempre. […]

Os sobranceiros da Terceira na 6ª xornada

A Terceira Rexional volveu de novo á competición despois do segundo parón case consecutivo e como curiosidade, o Quiroga regresou á cabeza da clasificación sen xogar esta xornada, debido a derrota do Paradela. No zona norte, o Muimenta continúa mandando no liderado pero co Celta Barreiros e co Fonsagrada moi de preto. Nunha fin de […]