Os sobranceiros da 15ª xornada na Terceira

A Milagrosa repúxose da sorpresa negativa da semana anterior cunha vitoria contundente ante o todopoderoso líder. Deste xeito, o Alfoz achégase ao primeiro posto. Ademais o Celeiro sacou un empate ante o Fonsagrada e o Lugo Unión conseguiu o primeiro triunfo do curso. No sur, o Paradela afianzou o liderado aproveitando a suspensión do encontro […]

Os onces da 18ª na Segunda Rexional

O Guitiriz volve ao máis alto da táboa no grupo norte logo de vencer e aproveitar o empate entre o Folgueiro e o Lourenzá. A sorpresa da xornada foi na Lomba coa vitoria do Meira ante o Xermade nunha xornada na que gañaron os dous equipos que ocupan postos de descenso directo. No grupo sur, […]

As nosas redes falan

Arquivo histórico do fútbol provincial Esta fin de semana circulou polas redes sociais unha reportaxe sobre o fútbol chairego realizada no ano 1996 polo programa de Canal +, “El Día Después” (programa que se mantén a día de hoxe pero na canle Vamos de Movistar). O documento recolle un partido da coñecida como Liga da […]

Os sobranceiros da 14ª xornada na Terceira

O Muimenta continúa ao seu, aumentando a vantaxe no liderado despois do empate entre o Alfoz e o Catro Roldas. A sorpresa saltou no Catro Ventos coa vitoria do Cazás sobre a Milagrosa. Todo o contrario no sur, onde manda a igualdade. Ningún dos cinco primeiro conseguiu gañar nesta xornada (un deles foi o Antas […]

Os onces da 17ª xornada na Segunda

O Folgueiro e o Guitiriz manteñen o pulso nos postos de ascenso, seguidos moi de preto por un Lourenzá liderado por Iván Recalde. O dianteiro laurentino marcou tres goles na pasada xornada. No grupo sur, o Palas e o Bóveda empataron pero manteñen as súas posicións de privilexio. Mentras o Guntín, o San Roque, o […]

As nosas redes falan

Un gran partido nun gran estadio O PM Friol CD Lugo xogou o encontro ante o Racing de Santander da 16ª xornada do grupo I da Segunda División no Anxo Carro. Foi o primeiro partido que o cadro friolés xogou como local na Liga no estadio do CD Lugo. Marta e Fanny Varela foron as […]

O partido en imaxes: PM Friol CD Lugo 2-2 Racing de Santander

O Friol CD Lugo estreouse nun encontro de liga no Anxo Carro con empate ante o Racing de Santander. No minuto 90, Fanny Varela empatou un encontro que se lle puxo costa arriba as locais. E iso que comezaron gañando cun bo gol da centrocampista Marta López, pero o Racing marcou antes do descanso e […]

Geluco Villar (presidente Friol CD Lugo): «Esperamos corresponder meténdonos na 1ªB»

Máis de 20 anos abandeirando o fútbol feminino da provincia en categoría sénior, facéndose un oco nun mundo descoñecido para a gran maioría. Agora que semella que a sociedade comeza a cambiar, o PM Friol quere dicir ben alto quen é, pero tamén quen foi. E este domingo vai ter unha boa oportunidade para facelo, […]

Os sobranceiros da 13ª xornada na Terceira

Os catro primeiros do grupo norte non fallan. E o Muimenta continúa afianzando o liderado. No sur, o Paradela e o Quiroga ampliaron a súa vantaxe nos postos de ascenso directo nunha xornada na que o Castroverde e o Rubián descansaron. No norte, o líder Muimenta volveu ao camiño da vitoria despois do empate da […]

Os onces da 16ª xornada da Segunda

Dos seis equipos que encabezan a clasificación da Segunda Rexional no grupo norte, só o Lourenzá foi quen de gañar no duelo directo co Roupar. Aínda así, o Folgueiro e o Guitiriz mantéñense en postos de ascenso directo no inicio da segunda volta. No sur, si que gañaron os dous primeiros; o Palas e o […]

Os sobranceiros da Terceira na 12ª xornada

A segunda volta da Terceira Rexional comezou con cambio de líder no grupo sur. O Paradela desfixo a igualada na cabeza ao empatar ante o Antas e o Quiroga perder co Rubián. No norte, o Muimenta non perde, pero o Alfoz achégase a súa posición. O Sober e o Taboada B descansaron na pasada fin […]

Os onces da 15ª xornada na Segunda

O Guitiriz e o Bóveda remataron a primeira volta meténdose en postos de ascenso directo, mentres que o Folgueiro e o Palas acabaron como campións de inverno. O cadro do Vicedo foi un dos protagonistas da xornada coa súa goleada ao Xermade. Tamén Julio Castro, que presentou a súa dimisión definitiva como adestrador do Valadouro. […]

As nosas redes falan

A primeira xornada do 2019 anunciaba partidazos e non defraudou. Incluso trouxo cambios importantes na clasificación como a saída do Polvorín da zona de descenso na Terceira, o abandono do Viveiro do posto de ascenso directo na Preferente ou a inclusión do Guitiriz e do Bóveda nas posicións de ascenso na Segunda Rexional. Ademais de […]

Os desexos da Terceira Rexional para o 2019

Esta fin de semana regresa á competición a Terceira Rexional. Comeza a segunda volta con duelos interesantes na pelexa polos postos altos como o Muimenta – Matela no norte; ou o Paradela – Antas no grupo sur. Neste último, co aliciente de ser a estrea do novo céspede do Gandarón. Aínda así, o ano non […]

Así está a carreira polo All Star Futbolinlugo na Terceira Rexional

A primeira volta na Terceira Rexional foi un pouco remexida, sobre todo, no grupo sur xa que cada xornada dous equipos vense na obriga de descansar. Aínda así, antes de comezar a segunda pódese facer un balance porque os equipos teñen o mesmo número de partidos xogados. No norte, o Muimenta domina a clasificación acompañado […]

Os desexos da Segunda Rexional para o 2019

O novo ano comezou poñendo a Segunda Rexional ao día ao xogarse o encontro adiado entre o Ferreira e a SD Becerreá. O cadro de Pantón venceu pola mínima e colocouse en postos de ascenso directo apretando aínda máis a clasificación na parte alta. Os tres primeiros clasificados (Palas, Ferreira e San Roque) teñen 26 […]

Futbolinlugo analizou o estado do fútbol provincial na SER Lugo

Comezamos o 2019 conversando nos estudios da Radio Lugo Cadena Ser sobre o momento que atravesa o fútbol lucense. Poñendo o foco no que foi o 2018 e o que queda por vir neste novo ano. Diego Díaz e Iván Calaza contaron coa colaboración de Manu Amor nunha mesa comandada pola presentadora do Ser Deportivos […]