Os sobranceiros da 15ª xornada na Terceira

A Milagrosa repúxose da sorpresa negativa da semana anterior cunha vitoria contundente ante o todopoderoso líder. Deste xeito, o Alfoz achégase ao primeiro posto. Ademais o Celeiro sacou un empate ante o Fonsagrada e o Lugo Unión conseguiu o primeiro triunfo do curso. No sur, o Paradela afianzou o liderado aproveitando a suspensión do encontro entre os seus perseguidores. O Sober volveu ao camiño da vitoria e impediulle ao Antas achegarse aos postos de ascenso directo. O Río Sil e o Relámpago Taboada descansaron na pasada fin de semana.

No grupo norte, o Muimenta perdeu o segundo encontro da temporada logo de encaixar unha goleada no Luis Gorgoso ante a Milagrosa. O cadro capitalino foi superior dende os primeiros minutos. Aínda así, o Muimenta mantén o primeiro posto cunha diferenza de 3 puntos sobre un Alfoz que derrotou pola mínima a domicilio ao filial do Friol cun gol de Sousa. Legaspi destacou no conxunto alfocense e David e Roca no Friol B. Jacobo Rivas mantense como o gardamallas menos goleado do grupo.

O Fonsagrada non foi quen de sumar de tres ante un Celeiro guiado por Quintela cun gol de Ángel. Pedro foi o autor do gol do equipo fonsagradino. O Matela marcou distancias co sétimo posto ao vencer no Anexo da Madalena ao Celta Barrreiros. Nos primeiro minutos o cadro de Barreiros quedou xa cun menos e o Matela púxose cun 2-0 a favor con Trigo e Vidal como xogadores máis destacados. O cadro celeste recurtou distancias pero sen que significaran puntos. Polo menos supuxo un gran gol de Álvaro, o seu lanzamento de falta dende lonxe entrou pola escuadra da portería rival. Tamén aproveitou para marcar diferenzas o Catro Roldas que derrotou pola mínima ao Rioaveso no derbi vilalbés da categoría. Arrieiro adiantou aos seus cun bo gol e cumpriu no lateral. Pola zona baixa, o Lugo Unión conseguiu o primeiro triunfo da temporada ao vencer ao Cazás cun gol de Javier Aira.

No grupo sur, o Paradela venceu con claridade ao Lemos B. Unha gran primeira parte colocou con vantaxe ao cadro adestrado por Rubén Bergantiños. O seu tocaio Rubén destacou no medio do campo ao igual ca Víctor que marcou un hat trick. O conxunto do Gandarón afianza o liderado a espera de que o vindeiro domingo o Castroverde e o Quiroga xoguen o partido aprazado na anterior xornada por mor do mal estado da Veiga do Olmo.

Non puido achegarse á segunda praza o Antas que perdeu ante o Sober. O cadro soberino volveu ao camiño da vitoria logo de catro xornadas sen gañar e regresou tamén a posicións de play-off. Non foi un gran encontro do Antas, aínda que Méndez marcou un bo gol. Empatado co Sober está o Rubián que leva cinco xornadas sen perder. Venceu ao Taboada B cun traballo coral liderado por Fran e Jano. David Potente, Fabricio e Alejandro Rodríguez destacaron no filial taboadense.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.