O Lemos acada o primeiro triunfo da temporada

Sen xornada en Terceira RFEF por mor da Copa das Rexións da UEFA que disputa a selección galega, en representación de España, a atención céntrase na Preferente. O Lemos sumou a súa primeira vitoria da temporada fronte ao As Pontes na Pinguela, mentres que a Residencia sumou o seu segundo triunfo consecutivo, no campo do […]

O Ribadeo acada o primeiro triunfo e a Sarriana segue no máis alto

A terceira xornada deixóunos o empate do Racing Vilalbés na Madalena diante do Rápido de Bouzas e a derrota do Viveiro no campo do Somozas, en canto á Terceira RFEF. Na Preferente triunfos de Sarriana e Ribadeo, fronte a Ordes e Sigüeiro, respectivamente, e derrotas do Lemos no campo do San Tirso, da Residencia en […]

Diario dun mercado. Episodio 297

Continúa a elaboración de #DiarioDunMercado como se non houbese mañá, pero a cuestión é que mañá volverá a haber outro. Algunhas das grandes empresas da provincia deberían apoiar este proxecto por solidariedade cos que, coma eles, producimos en serie. Damos unha volta pola Terceira RFEF para contar a renovación do ribadense Aitor polo Arteixo. O […]

Diario dun mercado. Episodio 286

Os conxuntos lucenses continúan coa configuración dos seus cadros de xogadores. É o caso da Residencia que anunciou a renovación de Rois, Yeray, Lucas e Dani López. O Lemos anunciou a renovación de Álvaro, Mauro e Borja Castro, así como a contratación do polivalente Samu, que chega procedente do Castro. Tamén continuará no Ribadeo un […]

Diario dun mercado. Episodio 285

O mercado non para. E tampouco a nosa redacción, porque temos que contarvos todas os movementos do noso fútbol. Hoxe, comezamos pola Preferente. Dani Renda e Esteban renovan na Residencia, sumándose así á renovación do corpo técnico que anunciabamos onte. Na Primeira Galicia, pola súa banda, Manolo García «Teipa» será o novo técnico do Riotorto. […]

Diario dun mercado. Episodio 284

Non da tregua o mercado do fútbol provincial. O Viveiro perde dous efectivos importantes de cara a vindeira temporada. Un deles, o pontés Dani Fernández pecha a súa segunda etapa no conxunto celeste. O outro, Tichu. O de Outeiro de Rei deixa o Viveiro e xogará o próximo ano no equipo do seu pobo. Na […]

Máxicos Luca’s Grill. Semifinais de Copa.

As semifinais da Copa Deputación xa están resoltas. Chantada Atlético e Outeiro de Rei son os finalistas, logo de eliminar a Residencia e Friol, respectivamente. Chantada Atlético 1 (por penaltis) – 1 Residencia. O encontro comezou de cara para a Residencia. No minuto 2, Txiki adiantou ao cadro lucense logo dunha boa xogada combinativa. Non […]

Máxicos Luca’s Grill. Cuartos de final

Xa coñecemos os catro semifinalistas da Copa Deputación para os conxuntos de Preferente e Primeira: Chantada Atlético, Residencia, Friol e Outeiro de Rei. Chantada Atlético 3 – 0 Riotorto. A primeira metade resultou moi trabada. O calor era afabante e o Riotorto pechouse moi ben e non permitiu achegamentos con perigo do conxunto local. Malia […]

Residencia e Ribadeo festexan a permanencia e o Foz descende a Primeira

Xornada con moita tensión a última da Preferente. Na fase de ascenso o peixe xa estaba vendido. A Sarriana despediu a temporada cun triunfo diante da súa xente fronte ao Paiosaco mentres que na Pinguela o encontro entre o Lemos e o Sigüeiro tivo que suspenderse por mor da intensa choiva que caeu en Monforte. […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

O partido da xornada . . . Residencia, Ribadeo e Foz: tres equipos, un mesmo obxectivo

A competición na Preferente deixounos reservadas fortes emocións para a xornada final. Con todo o peixe vendido no grupo de ascenso, o interés céntrase na pelexa pola permanencia. O descenso do Arousa, que empurrou ao Noia desde a Terceira, unido á xa sabida perda de categoría do Sofán, fixo que saltara á palestra a terrible […]

A Sarriana queda sen o ansiado ascenso

A Sarriana quedou, por segundo ano consecutivo, sen o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de perder no campo do Arteixo. O Lemos arrancou un empate do sempre difícil campo do Fisterra. Na pelexa pola permanencia, o Foz acadou unha vitoria de moito mérito no campo do Boimorto e pelexará por seguir na categoría na […]

A Sarriana volve a postos de ascenso antes da traca final

A dúas xornadas para que remate o campionato a Sarriana recupera o seu sitio nos postos que dan acceso a xogar a vindeira temporada en Terceira. Os sarriaos venceron na Ribela pola mínima ao Sigüeiro. O Lemos perdeu na casa diante do Dubra. Na loita pola permanencia a Residencia obtivo tres puntos de ouro diante […]