#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 284

Non da tregua o mercado do fútbol provincial. O Viveiro perde dous efectivos importantes de cara a vindeira temporada. Un deles, o pontés Dani Fernández pecha a súa segunda etapa no conxunto celeste. O outro, Tichu. O de Outeiro de Rei deixa o Viveiro e xogará o próximo ano no equipo do seu pobo.

Na Preferente, Asier foi presentado de forma oficial como novo xogaodor do Ribadeo, tal e como adiantou este medio. O focense, que chega desde o Viveiro, será un dos baluartes na parcela atacante dos de Dani Moirón. Jorge Méndez deixa de pertencer ao Lemos e regresa a finais deste mes de xullo aos Estados Unidos. Moitas novidades na Residencia. Dani Galán renova unha temporada máis á fronte do cadro lucense, e faino xunto ao todo o seu corpo técnico. Antonio e Nando serán os axudantes, Raposo como delegado e Iñaki adestrador de porteiros. Incorpórase como preparador físico o ribadense Lillo. Seguirán tamén no cadro da Cheda os catro capitáns: Róber, Txiki, Diego Bravos e Adrián Rasilla.

Varios lucenses son tamén protagonistas na Preferente fóra da nosa provincia. Rafa Casanova seguirá no banquiño do As Pontes logo de acadar a permanencia no seu primeiro ano no Poboado. David López, centrocampista lucense ata o de agora nas filas do Betanzos será novo xogador do Galicia Mugardos. Formado nas categorías inferiores da EF Polvorín, xa chegou a debutar en Terceira co Racing Vilalbés.

O Cospeito aposta pola continuidade logo da súa gran temporada en Segunda Autonómica. Luis Romay vivirá a súa terceira temporada como técnico e canda él seguirán os seguintes xogadores: Tito, Diego, Cancio, Xesús, Congui, Paredes, Jesús, Rui, Alberto, Fran Fernández, Ferreiro e Permuy.



Boas novas chegan desde Bóveda. As pantasmas dunha posible desaparición do club afástanse e o equipo sairá a competir en Terceira Autonómica. Pasín continuará como adestrador.

No fútbol feminino a centrocampista Raquel Martín renova no Peluquería Mixta Friol.



Diario dun mercado. Episodio 284

Diario dun mercado. Episodio 283

Diario dun mercado. Episodio 284

Diario dun mercado. Episodio 285

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *