Diario dun mercado. Episodio 286

Os conxuntos lucenses continúan coa configuración dos seus cadros de xogadores. É o caso da Residencia que anunciou a renovación de Rois, Yeray, Lucas e Dani López. O Lemos anunciou a renovación de Álvaro, Mauro e Borja Castro, así como a contratación do polivalente Samu, que chega procedente do Castro. Tamén continuará no Ribadeo un dos puntais da súa defensa, o veterán Prosi.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Non seguirá no Viveiro o ‘comandante’ Marino. O meirego pon fin á súa etapa no cadro celeste.

Deportes Élide

O Lourenzá presentou cinco caras novas. Aínda que boa parte delas xa coñecen ben Santa Cruz. Imad sube do xuvenil, mentres que Xoel retorna ao conxunto albivermello logo do seu paso polo Mondoñedo, ao igual que Aarón, despois da súa experiencia no Xove Lago. Tamén estarán ás ordes de Roberto Ramallal Edu, procedente do Viveiro Xuvenil e Miguel Casanova que chega desde o Alfoz. O gardameta Edgar Tourón, a última temporada nas filas do Riotorto deixa o fútbol lucense e defenderá a portería do Orillamar coruñés. Outro gardameta é noticia. Gabi continuará un ano máis defendendo o arco do Sporting Pontenova.

O Iberia comezou a poñer as bases do seu novo proxecto. E fíxoo anunciando a renovación do seu corpo técnico. José Manuel, logo da gran temporada realizada no conxunto de San Miguel, continuará á fronte do equipo. Copete será o seu axudante, posto ao que tamén se incorpora Marcos García Bao ‘Balbón‘, recentemente retirado, que seguirá así no organigrama do Iberia.

O Guntín non contará o vindeiro ano con Sito, que causa baixa nos do Ladairo, ao igual que o barreirense Ángel, que non seguirá nas filas do Mondoñedo. O Quiroga renovou a Manúas, que continuará no equipo na nova etapa en Terceira Autonómica.

Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.