#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 293

Hoxe iniciamos o noso Diario dun mercado pola Segunda RFEF, onde coñecemos dúas baixas en clave lucense. Iago Parga abandona a disciplina do Bergantiños e o seu destino podería estar no Polvorín, según comentan os compañeiros de InfutbolGalicia. Así mesmo o ex do filial do Lugo Iago Novo non seguirá no Formentera. Nalgúns mentidoiros de Twitter tamén se especulaba cun posible regreso ao Polvorín.

Xa na Preferente temos novidades importantes. A Sarriana vén de realizar dúas fichaxes de renome. O mediocentro Marcos e o lateral esquerdo Pablo Rey chegan á Ribela procedentes do Viveiro. Así mesmo, a Residencia incorpora ao meta Marcos Sanfiz desde o xuvenil de Liga Galega do EF Polvorín. E no Lemos renova Dafonte segundo La Voz de Galicia.

Na Primeira as principais noticias nacen do corazón do Sangoñedo. O Chantada conta con novo comandante tralo adeus de Montoto. Adrián Méndez ‘Traste’, ata agora defensa do primeiro equipo, cambia o filial e a coordinación do club polo banco do Chantada A. Home da casa e sobradamente preparado, é a primeira gran aposta da nova directiva vermella. Pola súa parte, o Chantada Atlético conseguiu a renovación do pichichi das últimas temporadas. Adrián ‘Tino’ manterase coma a principal ameaza ofensiva dos de Fernando Corredoira.

Rubén Bergantiños

No Outeiro continúan coas renovacións. Desta vez é o turno dos Veiga, Adri, David Teijeiro e Óscar Ben. E en Burela teñen novos coordinadores na base. Javi Ruiz (San Ciprián) coordinará o fútbol-11 e o meta Simón Martínez, o fútbol-8.



Nova cúpula do Relámpago Taboada. De esquerda a dereita: David Moure (Tesoureiro), Marcos López (Vicepresidente), Gorri (Adestrador), Pablo (Vogal), Gamallo (Presidente) e Diego (Secretario).

Unha categoría máis abaixo, o Paradela terá no banco a Rubén Bergantiños unha temporada máis. Xa na Terceira, o Rioaveso cambiará de director de orquestra. Miguel Fernández non seguirá á fronte do Machinango. Por último, o Relámpago Taboada presentou á súa nova directiva e corpo técnico. Gorri, procedente do Chantada Atlético, será o novo adestrador dos da Medela.



Diario dun mercado. Episodio 293

Diario dun mercado. Episodio 292

Diario dun mercado. Episodio 293

Diario dun mercado. Episodio 295

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *