O mercado non para. E tampouco a nosa redacción, porque temos que contarvos todas os movementos do noso fútbol. Hoxe, comezamos pola Preferente. Dani Renda e Esteban renovan na Residencia, sumándose así á renovación do corpo técnico que anunciabamos onte.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na Primeira Galicia, pola súa banda, Manolo García «Teipa» será o novo técnico do Riotorto. O Outeiro de Rei vén de renovar ao seu adestrador actual, Aarón Sánchez, así como ao capitán Trigo e a Artai, diferencial no tramo final de temporada.

O groso das novidades de hoxe concéntrase na Segunda Autonómica. De norte a sur, o Cospeito continúa coa liña continuista dos últimos anos e Dani Prieto e Xoán seguirán na Fonte. No recén ascendido Castro ‘B’ Manolo e Champi son as únicas baixas, pois continúan a maioría de xogadores que acadaron o ascenso. O Friol anunciou dúas fichaxes estelares que poden ser diferenciais na competición: Santi e Lucky retornan á Reigosa. Precisamente un «ex do Friol», Antonio Abad, será o novo preparador do Corgo.

Deportes Élide

Antón Méndez seguirá á fronte do Becerreá.

Outro club que continúa coa idea dos últimos anos é o Becerreá, que procurará de novo o ascenso da man de Antón Méndez. O técnico, ademais, traballará como director deportivo da entidade. Outro conxunto que buscará o salto de categoría será o Guntín, que vén de renovar a Álvaro Buján, Álex Estévez, Diego Neira, Kevin, Víctor e Tomás.

Por último, na Terceira Galicia, o Mondoñedo anunciou a baixa de Xoel, mentres que o Friol ‘B‘ será comandado desde o banquiño polo capitán do Friol ‘A’, Bruno.

Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.