Máxicos Luca’s Grill. Xornada 4

Nova xornada da Primeira na que os máxicos demostraron por qué destacan nos seus equipos. Santaballés 3-0 Taboada: partido moi completo do cadro da Liga, que superou ao seu rival en moitos aspectos do xogo. O 1-0 animou aos locais, que conseguiron o 2-0 antes do descanso, co que fixeron moito dano ao Taboada. Xusto […]

Volve a Primeira co seu tradicional formato

A Primeira Galicia é unha das categorías que máis nos gusta. Esta fin de semana, o balón volverá rodar nos campos da provincia, con 18 equipos que competirán cada semana polos seus obxectivos. Regresa ademais o formato tradicional de competición, sen anomalías nin divisións en sub-grupos. Cada semana, cubriremos todo o acontecido neste Grupo 3 […]

Diario dun mercado. Episodio 327

Non para o mercado. Aínda que xa temos competición este domingo, os equipos ultiman os seus cadros para esta 22/23. É o caso do Ribadeo, que renova ao veterán Diego Hermida, un dos xogadores chave para lograr a permanencia na Preferente o curso pasado. Tamén o Atlético Escairón prepara o comezo da liga cunha nova […]

Diario dun mercado. Episodio 325

Movementos en moitas categorías no diario de hoxe, con protagonismo para o fútbol feminino. Para comezar, o PM Friol fixo oficial a chegada da catalana Ainhoa Plaza, atacante que vén de ascender á Segunda RFEF co Badajoz. Xa na Segunda Galicia, o Monteforte aposta pola continuidade de Ainhoa, Ana Cristina e Emilia. Tamén competirá na […]

mercado

Diario dun mercado. Episodio 299

A poucas semanas de que comecen as pretemporadas, o mercado aínda está que explota. Sobre todo, da Preferente para abaixo. A Sarriana continúa co seu proxecto deste ano, e para iso renova a Brais Prieto. O mariñán será un xogador importante na loita polo ascenso. Na Primeira, o Xove Lago refórzase coa chegada de Xesús, […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Segunda fase, xornada 6

A tan só dúas xornadas para rematar a fase de ascenso, e con catro aínda por desputar nos grupos de descenso, os Máxicos están a dar o mellor de si para que os seus equipos acaden os obxectivos. GRUPO ASCENSO: Chantada Atlético 3-2 Burela: partido tolo no Sangoñedo. Adiantouse o Atlético por medio de Adri, […]

Javier Montoto, SD Chantada: ‘Os últimos resultados motivaron aos xogadores’

A SD Chantada foi o campión de inverno do Grupo A da Primeira Autonómica. 19 puntos en nove partidos serviron aos da vila do Asma para erixirse no máis alto da táboa xusto antes de pechar a primeira volta. Agora, os do Sangoñedo afrontan o 2022 cun gran sabor de boca e con gañas de […]

Diario dun mercado. Episodio 259

Xa facía ben tempo que non falabamos dos movementos do Mercado. Quizais por iso hoxe traemos unha chea de novidades en moitas categorías. Na Primeira Galicia, a SD Outeiro de Rei incorpora ao lateral Adrián López, que chega desde a Residencia xuvenil. Un dos mediocentros máis contrastados na categoría, David Barrio, é novo xogador do […]

A Primeira Galicia volve reformada

Que ganas tiñamos de dar esta noticia! A Futgal publicou no día de onte o plan competicional da Primeira Autonómica para a 21/22. Unha categoría que, despois de ano e medio de parón, volverá a encher os campos da nosa provincia cun formato diferente ao que nos tiña afeitos. Esta «nova» Primeira é bastante similar […]

Dumi

Diario Dun Mercado. Episodio 228

Comeza agosto pero non cambiamos a tónica das últimas semanas. Os clubes da provincia apuran as fichaxes e renovacións para afrontar os seus obxectivos na 21/22, campaña na que agardamos recuperar a normalidade futbolística. Comezamos o repaso de hoxe pola Preferente. Nela, o CD Santaballés ten un novo xogador: Corbelle. O ex do Páramo e […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Unha de cal e outra de area. Así podemos definir a xornada dos equipos femininos da provincia. Particularmente, dos que participan no playoff de ascenso á Primeira Nacional: CD Lugo e SD Antas.

As nosas guerreiras da fin de semana!

Acabouse. O PM Friol puxo punto e seguido á súa andaina no Reto Iberdrola o pasado domingo na Cidade Deportiva Dani Jarque. O rival, o filial do RCD Espanyol, que necesitaba unha victoria para ter opcións de salvación. As lucenses, pola súa banda, chegaban desahuciadas. Ergo, as urxencias notáronse no verde e, a pesares de […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Fin de semana de fútbol. Despois de bastante semanas sen un bo número de partidos, esta semana sí temos un longo repertorio de choques para contarvos. De feito, todos os equipos feminino lucenses -agás a SCD Milagrosa- competiron esta pasada semana.

As nosas guerreiras da fin de semana

Fin de semana «histórico» para as nosas guerreiras. Xa non lembrabamos o que era ter competicións femininas en tres categorías distintas con representantes da provincia. Á xa comezada Primeira Galicia e ao Reto Iberdrola do que levamos a falar desde outubro, uniuse este domingo a Segunda Galicia. Porén, o comezo das lucenses na Segunda Galicia […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Un mercares máis voltamos coa nosa sección de fútbol feminino. Hoxe será unha sección un pouco máis longa do habitual, dado que os equipos da provincia disputaron non un, senón dous encontros ao longo da fin de semana: un o Xoves Santo e outro o Domingo de Pascua. Porén, non falaremos do PM Friol nin […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Fai unha semana recibimos a nova de que a Primeira Galega Feminina botará a andar o próximo día 31 de xaneiro se as condicións sanitarias o permiten. Porén, polo momento, o único clube lucense que compite é o PM Friol, que o pasado domingo caeu por 3-0 na cidade deportiva do Rácing de Santander.

Un filial en racha e moitas victorias!

A pasada fin de semana foi -en xeral- positiva para as nosas rapazas. Porén, o clube máis icónico da provincia, o PM Friol, caeu na Reigosa ante unha SD Éibar que gozou de maior efectividade ao longo dos noventa minutos e superou ao conxunto presidido por Ángel Villar por 0-3.

O partido da xornada . . . PM Friol B – SD Antas: o derbi evalúa dúas rachas antagónicas

Chega unha data sinalada para o fútbol feminino lucense. O domingo ás 19 horas, a Reigosa será o esceario do derbi provincial da Primeira División Galega Feminna entre o Peluquería Mixta Friol B e o Antas. Os dous representantes da nosa xeografía mídense nun encontro ao que chegan en situacións ben distintas. O filial friolista […]