O partido da xornada . . . PM Friol B – SD Antas: o derbi evalúa dúas rachas antagónicas

Chega unha data sinalada para o fútbol feminino lucense. O domingo ás 19 horas, a Reigosa será o esceario do derbi provincial da Primeira División Galega Feminna entre o Peluquería Mixta Friol B e o Antas. Os dous representantes da nosa xeografía mídense nun encontro ao que chegan en situacións ben distintas.

O filial friolista afronta o derbi na quinta posición da táboa clasificatoria con vintecinco puntos. O conxunto adestrado por Covi experimentou unha gran melloría de xogo e resultados nas últimas xornadas, nas que obtivo seis triunfos nos sete últimos partidos. Malia que no comezo ligueiro, pesou a falta de experiencia na categoría, actualmente o PM Friol B é un dos conxuntos máis en forma da categoría.

Covi adestra ao filial e segue formando parte do cadro de xogadoras do primeiro equipo, este ano en Reto Iberdrola

A Sociedade Deportiva Antas, pola contra, atravesa unha mala xeira. Undécimo clasificado con quince puntos, o equipo adestrado por Víctor Rodríguez e Carlos García tan só gañou un dos últimos nove encontros. Logo dun bo comezo de campionato, esta racha negativa fixo que se achegase aos postos de perigo. De tódolos xeitos, a temporada do conxunto da Ulloa é significantivante mellor que a pasada campaña a estas alturas, o que fai que no Antas se respire optimismo respecto do obxectivo marcado: manter a categoría.

O Antas tentará seguir unha temporada máis en Primeira

Falamos do derbi cos máximos responsables técnicos de ámbolos equipos: Covadonga Regueiro ‘Covi‘ (PM Friol B) e Carlos García (SD Antas).

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

COVI (PELUQUERÍA MIXTA FRIOL B)

– O derbi. “Agardo un encontro difícil para nós. Malia que este ano non vin xogar ao Antas, se mantén a idea de anos anteriores é un equipo contundente atrás e con xogadoras moi físicas e con experiencia que saben aproveitar moi ben os erros do rival e con moito perigo a balón parado“.

– Estilos opostos. ” Cóstanos xogar contra un equipo do estilo do Antas. Nós expoñemos moito e intentamos levar a iniciativa do xogo a través do dominio do balón, e ás veces cando non estamos acertadas nas vixianciase nas transicións defensivas concedemos demasiadas ocasións ao rival“.

– O teito do equipo. “Para nós a clasificación é anecdótica. Buscamos competir partido a partido e que as xogadoras cumplan os seus obxectivos individuais. Somos un equipo filial e formamos futbolistas que podan chegar ao primeiro equipo. Para iso é importante estar en Primeira, pois notamos un gran cambio con respeto á Segunda. O ano pasado competiamos tres ou catro encontros ao ano, e esta temporada tódolos rivais che esixen dar o máximo. Isto fixo que nos costara adaptarnos á categoría ao comezo, pero tamén que a maioría das xogadores evolucionaran máis nestes catro meses que en todo o último ano“.

CARLOS GARCÍA (S.D. ANTAS)

 – O Friol. “Será un partido complicado nun campo moi grande. É un equipo ao que Covi lle implantou unha filosofía de toque e posesión, e xornada a xornada van medrando. Contan con xogadoras con experincia como a porteira Jessica ou Yanire que xogaron en Segunda Nacional, ou María, Carla, Denise . . .  teñen un gran equipo“.

– A racha negativa. “Somos un equipo pequeno. Temos poucas rapazas e moitas delas comparten o Antas co fútbol sala. Neste momento contamos cun cadro de xogadoras bastante curto e iso nótase moito á hora de competir e tamén de adestrar”.

 – O obxectivo. “O balance a estas alturas de temporada, e tendo en conta as nosas circunstancias, é positivo. O ano pasado a estas alturas só tiñamos sete puntos e esta campaña xa levamos quince, o cal mellora o feito notablemente. Pero seguro que nos tocará sufrir nesta categoría tan igualada“.

Imagen por defecto
Marcos Fernández
Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte
Artículos: 406

Deja un comentario