A Primeira Galicia inicia a medio gas

Aquí a previa dos nosos equipos da máxima categoría feminina autonómica

Esta fin de semana comeza a Primeira Galega feminina, na que un curso máis contaremos con representación lucense. Antas, CD Lugo e PM Friol B defenderán con orgullo á nosa provincia. Neste artigo analizamos os tres equipos antes do inicio da competición. Iso si para ver ás capitalinas e ás da Reigosa teremos que agardar unha semana máis. As branquivermellas descansan e o cadro amarelo non xogará ao retirarse o Betanzos da Liga.

Antas: Reforzaron con garantías un equipo que quedou nas semifinais polo ascenso na última competición exprés. Melendo segue aos mandos dun equipo ao que chegan nomes como Noe Pires, Mery, Noa, Silvia ou o regreso de Vilela. Sen perder o groso do bloque da campaña pasada. En Antas non se poñen obxectivos ambiciosos, máis alá de non pasar apuros e seguir formando ás xogadoras máis novas que dan os seus primeiros pasos no mundo do fútbol.

CD Lugo

CD Lugo: O gran favorito ao ascenso co permiso do recén ascendido Lóstrego de Gondomar. Joaquín Blanco e Iria Rey manteñen o núcleo duro dun conxunto que quedou a un partido do ascenso a temporada pasada. Ademais, reforzaron todas as liñas con garantías. As exxogadoras do Friol Yanire, Denise ou a goleadora Fany Varela aportarán un salto de calidade máis que evidente.

PM Friol B: Xogadoras moi novas de distintos puntos da provincia conforman un filial que agarda selar a permanencia da man do debutante Diego Vivero. O obxectivo do club é formar xogadores para un primeiro equipo no que escasea o produto propio da terra. A adestradora do primeiro equipo Covi Regueiro aportará o toque de veteranía necesario nun equipo sobrado de xuventude. Xogadoras destacadas como as Nereas (Lombardero e Rodríguez) ou Andrea Vigo contan con ficha B.

PM Friol B

As Nosas Guerreiras Da Fin De Semana

A partires do próximo mércores recuperaremos a nosa sección semanal do fútbol feminino. Haberá espazo para as destacadas, o mellor e o peor da xornada. Tanto na Primeira Galega como do PM Friol A, de categoría estatal. As de Covi Regueiro contan os seus catro partidos disputados por triunfos, sendo líderes destacadas da Primeira Nacional. En posteriores semanas, incorporaranse a esta sección os conxuntos da Segunda Galega para cerrar un menú completo e de garantías.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 765

Deja un comentario