As nosas guerreiras da fin de semana

Unha de cal e outra de area. Así podemos definir a xornada dos equipos femininos da provincia. Particularmente, dos que participan no playoff de ascenso á Primeira Nacional: CD Lugo e SD Antas.

As albivermellas visitaban o campo do Atlántida Matamá coa obligación de gañar para garantir a clasificación á última fase. A calor marcou o partido na súa primeira metade, e de feito unha futbolista local mareouse e deu un susto aos presentes. Porén, todo quedou niso, un susto, e o partido se reanudou sen máis incidentes. Unha contra permitiu ás lucenses adiantarse e chegar con vantaxe ao descanso. Unha falta lonxana supuxo o 0-2 e, a partires de aí, o partido foi cómodo para as de Joaquín. No minuto 70′, o Matamá recurtou distancias cun tiro desde fóra da área, pero finalmente María sentenciou para o CD Lugo. Ao término dos noventa minutos, 1-3. As lucenses seguen mellorando co paso dos partidos, esta vez mostrando unha gran solidez defensiva e bastante peligro co balón nos pés.

Pola contra, a SD Antas caeu por 2-0 na casa do máximo favorito ao ascenso, a SD Villestro. O partido foi bastante igualado, pero as do Castro Seoane fallaron algunas ocasións que sí aproveitaron as súas rivais para levarse os tres puntos. Agora, as de Melendo terán que agardar ao partido entre CP Alertanavia e a SD Villestro para saber se pasan á seguinte fase: necesitan un empate ou unha victoria do Villestro.

Na Segunda Galicia, a SG Comercial caeu por 0-2 ante as EFF Rosalía. De novo, as de Vivian Dors tiveron que xogar en inferioridade numérica polas lesións, pero completaron un gran partido. A SCD Milagrosa superou por 1-2 ás EF Lalín nun final de infarto. As visitantes gañaban por 0-1 no 89′, pero xusto nese minuto empataban as locais. Un minuto despois, un gol en propia meta daba a victoria ás lucenses.

O MELLOR

A clasificación do CD Lugo á última fase. Tamén, a loita das futbolistas da SG Comercial nunha temporada que se fixo moi dura, pero que o equipo logrou sacar adiante con forza e esforzos.

O PEOR

A SD Antas aínda non está clasificada para a seguinte fase. Agardemos que se dean os resultados desexados e sí entren na promoción final.

DESTACADAS:

CD Lugo: non comunica.

SD Antas: compre destacar a todo o equipo polos boas resultados de toda a temporada, o compromiso e a súa loita.

SG Comercial: Jenny.

SCD Milagrosa: Blanca.

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario