As nosas guerreiras da fin de semana

Fin de semana «histórico» para as nosas guerreiras. Xa non lembrabamos o que era ter competicións femininas en tres categorías distintas con representantes da provincia. Á xa comezada Primeira Galicia e ao Reto Iberdrola do que levamos a falar desde outubro, uniuse este domingo a Segunda Galicia. Porén, o comezo das lucenses na Segunda Galicia foi algo accidentado, como comentaremos de seguido.

Comezamos o repaso semanal do que deu de si a xornada de fútbol feminino!

Reto Iberdrolao PM Friol saiu da Península Ibérica para medirse ao Collerense balear, colista da categoría. As friolenses, conscientes da importancia do encontro, saíron moi enchufadas e gañaban por 0-2 no minuto 20, e incluso puideron aumentar a súa renda. Porén, foi aí cando as cousas comezaron a torcerse: o rival, que compite moi ben todas as xornadas, protagonizou unha sorprendente remontada. O 1-2 chegou antes do descanso, ao igual que a expulsión dunha das xogadoras visitantes. En superioridade, as baleares deron a volta ao electrónico ao longo da segunda metade para delirio da afición local e desgracia do PM Friol. Co tempo cumplido, o 3-2 quedou no marcador e complica a permanencia do clube da Reigosa.

O PM Friol protestou moito algunha das decisións do colexiado, que foron definitivas ao término dos 90 minutos: fontes do clube aseguran que había falta en ataque no 1-2, que o árbitro «inventou» a expulsión no minuto 30, que evitou un posible gol visitante pitando un fóra de xogo inexistente…

Primeira Galicia: no Subgrupo A, o derbi entre PM Friol «B» e CD Lugo saldouse con victoria do conxunto de Friol (3-1), que se estreaba despois de 13 meses sen xogar. No partido notouse a falta de ritmo dos dous equipos, polo apurado da pretemporada e as circunstancias que nos rodean a todos, pero o PM Friol dominou a maior parte do tempo. Destacou a deportividade de ambos conxuntos, así como a boa atitude de todas as futbolistas dentro e fora do campo.

No Subgrupo B, a SD Antas superou ao Xuventú Aguiño por 0-3, nun choque no que as celestes non abriron a lata ata o minuto 65′, pois o vento en contra co que se toparon as de Melendo na primeira parte dificultou moito o fútbol das lucenses. Xa no segundo tempo, o vento a favor facilitou as cousas para as nosas guerreiras.

Segunda Galicia: O que ía ser unha festa do fútbol lucense tornouse nun pesadelo. O derbi entre ADC Monteforte e SCD Milagrosa, que se disputaba o domingo nos Escolapios, suspendeuse no minuto 9′ de xogo, cando as visitantes mandaban no electrónico por 0-1. O motivo: as de Frigsa non levaban feitos os tests de antíxenos, e, ergo, as participantes estaban a xogar con máscara. En canto a Federación tivo constancia desta desafortunada situación, o partido quedou suspendido. A SG Comercial debutará a próxima semana.

A frase

A indignación do PM Friol coa arbitraxe púxose de manifesto nestas declaracións por parte do clube: «o verdadeiro protagonista foi Iván González González, o árbitro (…). Levamos moitos anos en categorías nacionais: hai partidos nos que os árbitros nos foron favorables e noutros non, e por sorte a maioria das veces as arbitraxes son boas. Por iso non entendemos que lle puido pasar pola cabeza a este home, porque un mal día pode telo calquera, pero foron moitísimos erros claros -e sempre contra o mesmo equipo-. Foi inexplicable.

O mellor

A futbolista Rebeca anotou dous merecidos goles na victoria da SD Antas ante a Xuventú Aguiño.

O peor

O derbi da Segunda Galicia non se puido disputar por mor dunha desafortunada situación. Agardemos que non volva suceder.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.