#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Luca’s Grill. Segunda fase, xornada 6

portada maxicos

A tan só dúas xornadas para rematar a fase de ascenso, e con catro aínda por desputar nos grupos de descenso, os Máxicos están a dar o mellor de si para que os seus equipos acaden os obxectivos.

GRUPO ASCENSO:

Chantada Atlético 3-2 Burela: partido tolo no Sangoñedo. Adiantouse o Atlético por medio de Adri, pero o Burela foi quen de darlle a volta en escasos 10 minutos antes do descanso. A remontada non sentou mal ao Chantada Atlético, que saíu dos vestiarios disposto a levarse os tres puntos. Adrián fixo o segundo na súa conta para empatar e, na recta final, un gol de Javi deixou os tres puntos na casa.

Portomarín 2-1 Riotorto: pese a que o Riotorto comezou mellor o partido, o Portomarín sacou tres puntos de ouro do Chao da Poza. Os locais mostráronse moi agresivos por momentos, tendo minutos de moito control e ocasións. Nunha delas, no segundo tempo, puxeron o 1-0. Porén, unha contra moi ben levada polos visitantes traduciuse no 1-1. Non foi ata o 95′ cando se rompeu a igualada cun tanto dos miñotos, que se xogarán o ascenso contra o Pol a vindeira xornada.



Taboada 1-5 Pol: bo inicio do Taboada, que anotou un gol que puxo contra as cordas ao Pol. Porén, os visitantes están no seu mellor momento da temporada e, logo de empatar antes do descanso, a segunda parte foron unha apisonadora e anotaron catro goles máis que lles permitiron sumar tres puntos e consolidarse no máis alto da táboa clasificatoria.

SD Chantada 0-1 Castro: o Castro dominou o xogo no primeiro tempo, pero o Chantada tivo varias ocasións que meteron o medo no corpo dos visitantes. No segundo tempo a igualdade foi a tónica dominante, pero a insistencia do Castro -que sumou ata tres paus- tivo premio, pois un gol de Dumi na recta final deu a victoria aos de Ribeiras de Lea.

GRUPO DESCENSO 1



San Roque 0-0 Monterroso: igualdade na Polvoreira entre dous equipos que se teñen tomada a medida. O Monterroso xerou perigo a balón parado, pero os locais foron mellores no segundo tempo e a piques estiveron de asustar aos de Cerdeiriños, pois Jordi estrelou un balón na cruceta e Aldo contou tamén cunha ocasión clara. Ao final, reparto de puntos en Montirón.

Pastoricense 1-2 Sporting Pontenova: brillaron os porteiros no Acebreiro. O Sporting foi mellor no primeiro tempo e aproveitou dous erros dos locais para chegar 0-2 ao descanso. Na segunda metade mellorou o Pastoricense, que estirou as súas liñas, tivo un pau e un jongueiro, ademáis de varias chegadas claras, pero non foi ata o 87′ cando recurtaron as diferenzas. Os da Pontenova puideron sentenciar nalgún man a man á contra, pero ao final remataron pedindo a hora na Pastoriza.

San Lázaro 1-1 Folgueiro: empezou mellor o Folgueiro, pero os visitantes acusaron as baixas tras o minuto 30 e o San Lázaro deu un paso adiante. Despois de dominar boa parte do choque e errar varias ocasións, o Folgueiro aproveitou unha acción mal defendida polos locais para poñer o 0-1 no minuto 84′. Pouco despois, un centro lateral dos celestes transformouse no 1-1 definitivo, que non deixa contento a ningún.

GRUPO DESCENSO 2

Outeiro de Rei 1-0 Guntín: na primeira parte a igualdade foi máxima. O Outeiro levou o peso do xogo, pero o Guntín foi quen de neutralizar as ofensivas locais. Tras uns axustes no vestiario, o Outeiro fixo o 1-0 no primeiro minuto do segundo tempo e, a partires de aí, o Guntín subiu as súas liñas pero apenas inquedou a Alberto, agás por un bo disparo desde fóra da área que detivo o gardamallas local.



Alfoz 1-2 Friol: sorprendeu o Friol ao Alfoz nun choque no que anotou un tanto no primeiro cuarto de hora por medio dun penalti. No segundo tempo, nada máis saír dos vestiarios, os visitantes asinaron un novo gol que sentou moi mal aos locais. O Alfoz intentouno a partires de aí, pero non conseguiu anotar ata o 87′. Tras o gol, embotellaron ao Friol na súa área, pero o electrónico non se moveu no Municipal.

Xove Lago 0-1 Lourenzá: o Lourenzá firmou un partido moi completo, mentres que o Xove non tivo o seu mellor día. A nivel ofensivo, os locais apenas tiveron ideas, mentres que os visitantes aproveitaron unha das súas escasas ocasións para facer un gol que se traduciu en tres puntos. Partido quente no Municipal, no que o Lourenzá foi quen de evitar calquer proxección ofensiva do Xove e levarse o derbi para Santa Cruz.

Máxicos Luca’s Grill. Segunda fase, xornada 6

A Sarriana volve ao liderado e o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *