Máxicos Luca’s Grill. Xornada 1
Chegan os primeiros Máxicos da temporada
Chegan os primeiros Máxicos da temporada
Valigol aclara nesta entrevista todas as claves da súa fichaxe por un equipo rival
A menos de un mes para o comezo das competicións, o mercado aínda conserva a súa actividade. Atopámonos hoxe con novidades de norte a sur da provincia. Na Mariña, o Xove Lago renova ao gardamallas All Star Trullo, ademáis do defensor Pedro Bustelo e o zurdo Luis Varela, que axudarán ao equipo nunha nova aventura […]
Novo repaso ao mercado, con novidades de norte a sur da provincia, moitas delas concentradas na Primeira Galicia. Nela, o Burela renova a Jimmy, lateral que cumprirá o seu segundo ano no club. O Lourenzá, pola súa banda, confirmou as renovacións de Meke, Bugui, Álex Carreiras, Javi, Falcón, Miguel Hermida, Ferranes, Losvi, Garrafín, Pichi, Julián, […]
No diario de hoxe, conmemoramos o día de Santa Ana e de San Joaquín comezando o repaso polo fútbol feminino. O PM Friol vén de asinar a Nerea Marín, futbolista con experiencia no Reto Iberdrola e que procede do Cádiz. Á Reigosa tamén chega a gardamallas María Alejandra, procedente do RU Tenerife e con pasado […]
Os dous representantes lucenses en Terceira RFEF achégannos novidades. O Racing Vilalbés vén de asinar un gardameta de garantías. Álex Santomé, madrileño de nacemento pero de familia vilalbesa, defenderá a portería do conxunto chairego logo das saídas de Ángel Fraga e Javi Rumbo. O gardameta, procedente do Marbella, formouse nas categorías inferiores do Atlético de […]
Xa coñecemos os catro semifinalistas da Copa Deputación para os conxuntos de Preferente e Primeira: Chantada Atlético, Residencia, Friol e Outeiro de Rei. Chantada Atlético 3 – 0 Riotorto. A primeira metade resultou moi trabada. O calor era afabante e o Riotorto pechouse moi ben e non permitiu achegamentos con perigo do conxunto local. Malia […]
Os Máxicos puxeron punto e final a unha temporada de fortes emocións. Algúns co obxectivo no peto, outros con bágoas… pero dende hoxe xa están pensando na videira campaña. GRUPO DESCENSO 1: San Lázaro 0-3 Pastoricense: un San Lázaro escaso de efectivos pechou a temporada ante un Pastoricense que necesitaba a victoria para eludir o […]
Co grupo de ascenso visto para sentenza, os Máxicos que quedan en competición loitan por evitar o descenso dos seus equipos. GRUPO PERMANENCIA 1: San Roque 3-1 San Lázaro: o San Lázaro consumou o seu descenso á Segunda Galicia logo dun choque no que comezou dominando e, froito do bo xogo, fixo o 0-1 co […]
Os Máxicos da fase de ascenso xa remataron a temporada regular, mentres que os dos grupos de descenso aínda teñen dúas xornadas por diante. GRUPO ASCENSO Portomarín 3-0 Castro: o Portomarín é novo equipo de Preferente logo de superar ao Castro por 3-0 no Chao da Poza. Sergio Arias fixo o 1-0 ao filo do […]
Xa hai Máxicos que xa teñen os obxectivos cumpridos. Outros, continúan na pelexa por acadalos nesta fin de temporada. GRUPO ASCENSO Pol 1-2 Portomarín: deu a campanada o Portomarín en Pol. Adiantáronse os visitantes cun penalti no primeiro tempo, aínda que o Pol puido empatar na recta final, contando con grandes ocasións. Logo dos altercados […]
A tan só dúas xornadas para rematar a fase de ascenso, e con catro aínda por desputar nos grupos de descenso, os Máxicos están a dar o mellor de si para que os seus equipos acaden os obxectivos. GRUPO ASCENSO: Chantada Atlético 3-2 Burela: partido tolo no Sangoñedo. Adiantouse o Atlético por medio de Adri, […]
Os Máxicos seguen a dar guerra nunha Primeira Galicia que se achega á súa fine na que os clubes están moi preto de achar os seus obxectivos. GRUPO ASCENSO: Burela 0-2 Portomarín: acusou as baixas o Burela ante un Portomarín que se mete de cheo na loita polo ascenso. Houbo unha ocasión para cada un […]
Achégase o mes de maio, definitivo para os Máxicos e os seus clubes. Veremos que deparan as próximas xornadas de competición na Primeira Galicia. GRUPO ASCENSO Riotorto 1-0 SD Chantada: dominio da SD diante dun Riotorto que cedeu a posesións aos seus rivais. No primeiro tempo os chantadinos apretaron pero non tiveron grandes ocasións, e […]
Os Máxicos continúan a súa andaina pola Primeira Autonómica na procura dos diferentes obxectivos que cada club se marcou a comezos da temporada. GRUPO ASCENSO: Burela 0-0 Chantada Atlético: partidazo na Marosa entre dous equipos que propuxeron un fútbol de toque, vistoso, e no que ambos tiveron opcións de victoria. O Chantada Atlético foi máis […]
Os Máxicos comezaron a segunda fase da Primeira Galicia na nosa provincia. Os clubes lucenses pelexan desde este domingo pola consecución dos obxectivos nesta 21/22. GRUPO ASCENSO Portomarín 1-1 Burela: un gran Burela puxo en serios apretos ao Portomarín no Chao da Poza. No primeiro tempo propuxeron máis os miñotos, pero foi Chumi o que […]
Os Máxicos veñen de rematar a primeira fase desta 21/22. De agora en adiante, os clubes loitarán por xogar na Preferente ou por acadar a permanencia. Tras as 18 xornadas disputadas, os grupos quedan así: Grupo Ascenso: Portomarín, Castro, Taboada, Pol, SD Chantada, Riotorto, Chantada Atlético, Burela. Grupo Descenso 1: Monterroso, Sporting Pontenova, San Lázaro, […]
Os máxicos seguen a definir obxectivos nesta 21/22. A falta dunha xornada por disputarse, xa hai varios equipos clasificados matemáticamente para a fase de ascenso, e outros que loitarán por eludir o descenso. De momento, a cousa queda así: Fase de ascenso: Portomarín, SD Chantada, Taboada, Chantada Atlético, Castro, Pol, Riotorto. Fase de descenso: Folgueiro, […]
Aproveitando a ponte, os máxicos da Primeira disputaron esta semana aqueles partidos que foron adiados no seu día por mor da incidencia da Covid-19. Estos son os choques que se viviron ao longo da fin de semana de Entroido. Monterroso 2-1 Chantada Atlético: adaptouse mellor o Monterroso ás reducidas dimensións do Anexo de Cerdeiriños e, […]
Achegándonos ao final da primeira fase, os Máxicos traballaron arreo este domingo para deixar aos seus equipos máis cerca do obxectivo. Outeiro de Rei 1-0 Guntín: o Guntín conseguiu incomodar ao Outeiro no primeiro tempo por medio de balóns directos que a defensa local non era quen de rexeitar. No segundo tempo, o Outeiro deu […]