A menos de un mes para o comezo das competicións, o mercado aínda conserva a súa actividade. Atopámonos hoxe con novidades de norte a sur da provincia. Na Mariña, o Xove Lago renova ao gardamallas All Star Trullo, ademáis do defensor Pedro Bustelo e o zurdo Luis Varela, que axudarán ao equipo nunha nova aventura na Primeira Galicia. Outro xogador oriúndo da comarca, Aldán Naval, xogará no «Queixo Mecánico», o CSD Arzúa da Terceira RFEF.
Na Segunda Galicia, o Celta Barreiros anunciou a marcha de Dani Chinchón, un clásico do club que viviu o ascenso á Segunda e a promoción de ascenso á Primeira. Xa na zona central, o Friol apuntala a súa portería con Javi, que volve á Reigosa, mentres que o San Lázaro incorpora a Yelco, ex do Guntín. Ambos clubes loitarán por retornar á Primeira Galicia nesta 22/23. O Castroverde, pola súa banda, pelexará por subir á Segunda, e para iso renovou a Dani Novo.
Xa no sur, e de volta na Primeira, o Monterroso suma ao seu proxecto a Lucas Pardo, que regresa tras o seu paso polo Chantada Atlético e polo filial de Cerdeiriños. Por último, a SD Chantada feminina renova a Eva, Candy e Laura.

