portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Segunda fase, xornada 8

Os Máxicos da fase de ascenso xa remataron a temporada regular, mentres que os dos grupos de descenso aínda teñen dúas xornadas por diante.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

GRUPO ASCENSO

Portomarín 3-0 Castro: o Portomarín é novo equipo de Preferente logo de superar ao Castro por 3-0 no Chao da Poza. Sergio Arias fixo o 1-0 ao filo do descanso, gol que afectou moito a un Castro que xa sabía que o Pol ganaba no Sangoñedo e que o seu ascenso estaba moi difícil. O segundo tanto dos locais chegou á volta dos vestiarios, e desde entón o Chao da Poza converteuse nunha auténtica festa para celebrar un ascenso histórico.

Deportes Élide

Chantada Atlético 1-3 Pol: fixo o seu traballo o pol no Sangoñedo, pero non lle serviu a victoria para evitar o ascenso dun Portomarín que se impuxo ao Castro no Chao da Poza. Adiantáronse pronto os visitantes, e puxeron terra de por medio pouco despois, 0-2. No segundo tempo, cando xa coñecían o que estaba a pasar en Portomarín, ambos equipos bailaron o ritmo e cada un anotou un gol, para rematar finalmente 1-3.

SD Chantada 5-1 Riotorto: foi superior o Chantada no Sangoñedo ante o Riotorto, e os locais conseguiron dous tantos no primeiro tempo logo de sendos roubos e saídas rápidas (2-0). Antes do descanso, o Riotorto recurtou diferenzas cun penalti, pero un segundo tempo moi completo da SD traduciuse en tres goles máis e no definitivo 5-1.

Taboada 3-4 Burela: catro veces adiantou Jairo Campo ao Burela na Medela. Cada vez que o atacante mariñán anotaba un tanto, o Taboada devolvía o golpe: 0-1, 1-1, 1-2, 2-2… e así sucesivamente ata que, no minuto 89′, o protagonista do choque completou o seu póquer de goles e puxo o definitivo 3-4 para poñer un broche de ouro á temporada dos da Marosa.

GRUPO DESCENSO 1

Pastoricense 2-1 San Roque: victoria moi importante do Pastoricense no Acebreiro que permite coller aire aos locais. O partido estivo aberto, pero foron os capitalinos os que golpearon primeiro, cun gran contragolpe que rematou en gol Jano. Hugo puxo o empate nun balón parado e, co gol, o seu equipo mellorou. Non foi ata segunda metade que os locais conseguiron o segundo tanto, logo dunha boa acción por banda. O San Roque buscou o 2-2 e protestou moito un penalti sobre Elian, pero o electrónico non se moveu.

San Lázaro 1-0 Monterroso: victoria que permite ao San Lázaro soñar coa permanencia. Foron mellores os locais no inicio, pero non foi ata o 50′ que conseguiron o tanto que a postre sería definitivo. O Monterroso, virtualmente salvado, tratou de empatar por medio de balóns colgados, pero a necesidade de puntos dos da Ponte fixo que defenderan ás mil marabillas.

Sporting Pontenova 0-3 Folgueiro: gran victoria do Folgueiro na Mina nun choque no que ambos equipos asinaron un bonito espectáculo. Os locais erraron dúas ocasións claras no comezo, e o Folgueiro aproveitou unha boa xogada para chegar 0-1 ao tempo de lecer. No segundo tempo o Sporting aumentou o dominio, pero os visitantes souberon defenderse e non concederon ocasións claras, ata que sentenciaron na recta final con dous goles máis que dan vida aos do Vicedo.

GRUPO DESCENSO 2

Alfoz 2-4 Outeiro de Rei: a presión alta do Outeiro deu os seus froitos, que no minuto 35′ xa mandaba por 0-3 no Municipal (goles de Alvarito, Redondo e Diego Seijas). O Alfoz mellorou a partires de aí, pero quedou cun xogador menos e a defensa visitante evitou achegamentos perigosos. O 0-4 chegou no 80′, e en dúas accións a balón parado os locais conseguiron maquillar o resultado, 2-4.

Xove Lago 1-5 Guntín: a peor versión do Xove e a mellor do Guntín déronse cita este domingo no Municipal. Un gol visitante no 6′ e outro antes do descanso mermaron moito a un Xove que se viu superado en todas as facetas do xogo. No segundo tempo, tres goles máis do Guntín sentenciaron o choque ao seu prol, mentres que o Xove fixo o gol da honra no 80′, 1-5.

Friol 0-3 Lourenzá: partido moi serio por parte do Lourenzá ante un Friol que buscaba apurar as súas opcións de permanencia. Dous tantos de Yago Cruña e Luis Portela nos primeiros 15 minutos permitiron aos mariñáns xogar tranquilos ante un Friol que non baixou os brazos. No comezo do primeiro tempo, un gol en propia dos locais puxo o definitivo 0-3 no marcador.

Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 515

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.