#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Terceira Futgal

Valigol: «Paseino moi mal, agora son feliz no Relámpago»

Cada mes de agosto repítese a mesma historia. Aparece a canción do verán. E a fichaxe do verán. Nesta última categoría, o noso protagonista fixo tódolos méritos posibles para merecer semellante título honorífico. Víctor Valiño López ‘Valigol’ (Arada, 07/03/1999) deixou o seu Monterroso natal, despois de toda unha vida de vermello, para irse á vila veciña; ao pobo rival por excelencia: Taboada.

FUTBOLINLUGO: Boas Valigol. Eres consciente da dimensión da túa fichaxe polo Relámpago?

Valigol: Si, moito. A bomba surxiu despois de todo o que sufrín a temporada pasada. Un día recibín a chamada do míster do Relámpago Taboada. Por moito que algunha xente pense que naide me ía chamar. Iso si, eu esperei ata o final para ver quen adestraba en Monterroso e apurar esa opción ata o último momento. O técnico gustábame pero había moita xente. Agora estou feliz no Relámpago, moito mellor a nivel físico, técnico e mental.

FIL: Pero que pasou entón en Monterroso o curso pasado?



V. V: Nin sequera nos amigables chegaba a xogar media hora. Sentía que non xogaba un só minuto. Paseino moi moi mal. Eu vexo a Terceira Rexional como algo para desfrutar. Eu entrenaba todos os días e ben e non tiña o premio a fin de semana.

«Estou moito mellor a nivel físico, técnico e mental»

FIL: E como sentou a túa marcha en Monterroso?



V. V: A nivel personal todo sigue coma sempre. Síntome querido polo pobo. Chamáronme moitos xogadores, varios dos que considero os mellores do equipo. Iso para min foi o mellor. Sentinme valorado. Chamoume Lorenzo, capitán do A. E cando me fun, algún xogador do Monterroso B quedou case chorando. Xa que se lle ía facer raro non volver xogar ao meu lado. Espero que isto sexa un ata pronto, iso si. Ogallá pase o feito de que volva a casa nuns anos e senón hai miles de equipos pola provincia.

«Espero que este adeus sexa un ata pronto e voltar á casa nuns anos»

FIL: Agora, o dilema é: Valigol apoiando nas bancadas da Medela ou en Cerdeiriños?

V. V: Eu son siareiro do Monterroso e seguireino sendo sempre. Estarei sempre en Cerdeiriños, sempre e cando non me coincida co partido do Relámpago.

FIL: Valigol foi un ídolo de masas durante a pandemia. O teu Instagram chegou a xuntar 1.000 persoas nun directo… Comprométeste a aclarar nel todo o que a xente pida despois desta entrevista?



V. V: Por suposto, cando teña algo de tempo comprométome a facelo. Gustaríame que a última pregunta me permitise darlle as grazas a moitos adestradores que tiven como José Ángel, Omar ou Chanclas. Outros só valoraban a miña presenza nos adestramentos para ter un xogador máis no campo.

«Eu son siareiro do Monterroso e seguireino sendo sempre»

EN CURTO

Un campo: A Medela.

Un compañeiro: Balbino, sempre me apoiou no bo e no malo.

Un gol: Quédome co que marquei no Corgo en xuvenís, un penalti que petou na escadra e entrou.

Lorenzo ou Óscar Méndez? O vello, aínda que Lorenzo é o mellor xogador da provincia actualmente.

Valigol: «Paseino moi mal, agora son feliz no Relámpago»

Diario dun mercado. Episodio 323

Valigol: «Paseino moi mal, agora son feliz no Relámpago»

Diario dun mercado. Episodio 324

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *