a porra

A Porra de Futbolinlugo, 1

Estreamos sección, a nosa porra. Todas as matinais dos sábados subiremos unha porra cun total de 10 partidos para que cubrades e subades ao voso Instagram antes do sábado ás 16:00. Todo aquel que acerte os dez resultados, terá premio asegurado. Ademais, poderedes contrastar a vosa aposta coa nosa propia. Os dez encontros desta semana […]

Diario dun mercado. Episodio 328

Hoxe traemos un Diario dun mercado con novidades en máis de quince equipos

As imaxes da pretemporada: á espera da Guía

O proceso de realización da Guía ‘Fútbol en Lugo’ supón para o equipo de Futbolinlugo unha dose de traballo extra coa fin de visitar a todos os equipos da provincia. Non obstante, o traballo sempre deixa momentos para o sorriso que permite que a biblia do fútbol lucense se contaxie do espírito animoso co que […]

Volve a Primeira co seu tradicional formato

A Primeira Galicia é unha das categorías que máis nos gusta. Esta fin de semana, o balón volverá rodar nos campos da provincia, con 18 equipos que competirán cada semana polos seus obxectivos. Regresa ademais o formato tradicional de competición, sen anomalías nin divisións en sub-grupos. Cada semana, cubriremos todo o acontecido neste Grupo 3 […]

Diario dun mercado. Episodio 327

Non para o mercado. Aínda que xa temos competición este domingo, os equipos ultiman os seus cadros para esta 22/23. É o caso do Ribadeo, que renova ao veterán Diego Hermida, un dos xogadores chave para lograr a permanencia na Preferente o curso pasado. Tamén o Atlético Escairón prepara o comezo da liga cunha nova […]

Diario dun mercado. Episodio 326

De novo, o mercado agochaba sorpresas para a recta final do verán. Por exemplo, na Primeira. Dapo, lucense de adopción, deixa o Ribadeo para incorporarse á disciplina do Pol, co que xa adestrou esta semana. Ademais, La Voz de Galicia apuntou que Armesto será novo futbolista do Atlético Escairón, mentres que o mediapunta Jordi chega […]

Volve o Mondoñedo – Lourenzá por unha boa causa

É un dos grandes encontros da provincia. Un dos exemplos do fútbol de sempre. Nas últimas tempadas o Mondoñedo e o Lourenzá non cadran na mesma categoría en competición oficial, pero este domingo volve o derbi na previa do inicio das ligas e con motivo benéfico. O Viñas da Veiga agardar recibir unha boa entrada […]

Diario dun mercado. Episodio 325

Movementos en moitas categorías no diario de hoxe, con protagonismo para o fútbol feminino. Para comezar, o PM Friol fixo oficial a chegada da catalana Ainhoa Plaza, atacante que vén de ascender á Segunda RFEF co Badajoz. Xa na Segunda Galicia, o Monteforte aposta pola continuidade de Ainhoa, Ana Cristina e Emilia. Tamén competirá na […]