Aarón Sánchez: «Os xogadores creen nos adestramentos e no que se plantexa nos partidos»

Entrevistamos ao adestrador do equipo de moda

O pasado febreiro comezou unha revolución silenciosa en Outeiro de Rei. Aos mandos da mesma, un adestrador da nova escola lucense. Formado e con fame. Aarón Sánchez Rodríguez (Lugo, 11/05/1989) afronta súa primeira temporada no Municipal ao completo. E está poñendo as expectativas moi altas cunha pretemporada que está dando moito que falar.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

FUTBOLINLUGO: Boas Aarón. O Outeiro vén de gañar ao Lemos a domicilio, empatar coa Residencia e mesmo co Viveiro. Unha pretemporada cando menos satisfactoria, non si?

AARÓN SÁNCHEZ: De momento creo que está sendo moi positiva, preparando o inicio do día 11 que é obxectivo. Estou satisfeito tanto a nivel físico como táctico, probando varios sistemas. Pero todo enfocado ao día 11, mirando a Chantada. Só tivemos unha lesión muscular, que era outro dos obxectivos, evitar que rompesen moitos xogadores e non reventar a pretemporada e o sucesivo. Pero aquí non hai puntos nin postos, simplemente preparación.

Deportes Élide

FIL: Que porcentaxe de culpa ten un adestrador neste gran rendemento?

A. S: Os protagonistas son os xogadores, temos case o mesmo cadro de xogadores desde varias temporadas atrás. O adestrador ten parte de culpa pero son dinámicas. O cadro de xogadores cambiou a súa mentalidade dende hai uns meses. Herdamos un bo traballo táctico do que había antes. O tema é que os xogadores creen nos adestramentos, que son moi completos; e no que se plantexa nos partidos.

«Herdamos un bo traballo táctico e o cadro de xogadores cambiou a súa mentalidade»

Cadro de xogadores do Outeiro 22-23

FIL: Si, pero… O Outeiro pasou de loitar por non descender a perder dous partidos desde febreiro…

A. S: Eu se o vise desde fóra diría: este tío fixo cambiar o equipo. Son dúas derrotas en 8-9 meses, unha barbaridade. Pero desde dentro non é tan así. Agora pinchas nas dúas, tres primeiras xornadas de Liga e que? Cambiaría perder tódolos partidos de pretemporada por sumar tres puntos en Chantada.

«Desde fóra pode parecer que cambiei ao equipo. Desde dentro non é tan así»

FIL: Falabas de que contas con moitos xogadores que levan anos e anos en Outeiro. Algo raro nun club que a día de hoxe non ten base, non? Sen ese arraigo…

A. S: Ao final o club é un histórico da Primeira Galicia. Cando un xogador pisa o campo, a instalación; acaba quedándose moito tempo. Sen ser profesionais, sentímonos como profesionais co trato que nos dan. Un aliciente máis para xogar aquí.

Municipal de Outeiro

«Sentímonos como profesionais co trato que nos dan»

FIL: Falemos xa do que vén. Será unha Primeira máis dura que a da campaña pasada?

A. S: Sen dúbida, si. Volve o formato antigo. Ao restruturarse e haber equipos que se reforzaron moi ben, vai existir moito candidato aos tres ou catro primeiros postos da clasificación. E iso vai ser imposible para todos. E teremos sorpresas. Por exemplo, o Antas vai ser moi complicado gañar alí. Hai campos moi duros. Cada fin de semana será unha final.

«Vai existir moito candidato aos primeiros postos, cada fin de semana será unha final»

EN CURTO

Un campo: A Magdalena

Un referente: Luis Enrique

Un partido: Final de Copa Outeiro de Rei-Chantada Atlético

Quen sóbe a Preferente esta temporada? Foz

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 873

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.