Hoxe toca desvelar a programación para esta temporada. Unha ‘grella de saída‘ que aposta pola continuidade de luns a venres. E rompe todos os moldes na fin de semana. Tamén apostamos por un redeseño a nivel gráfico nas diferentes seccións semanais.
Nesta oitava temporada con vós, mantemos o contido do luns. Marcos Fernández traerá o Trío de Ases da Terceira División e a Preferente. Os martes seguirán sendo da Primeira Galicia e de Santi Real. Iso sí, con novidades. Chegan os Máxicos Luca’s Grill. Un xogador MVP destacado por conxunto. E que trataremos que sempre faga esta valoración o conxunto rival e non o propio.
Os mércores pertencen ao fútbol feminino. Aí coñeceremos á xogadora máis destacada de cada un dos once equipos da provincia. E cada semana destacando puntuará para o vindeiro All Star, ao igual que no resto de seccións. Os mércores, con F de Futbolista!
Os xoves, turno de Iván Calaza. Os onces da Segunda (Norte e Sur) levan o seu nome escrito. Así como a profunda análise do que nos deixou a xornada. O venres mantemos o Tres en Raia da Terceira Galicia, se ben cambiamos o director da orquestra. Marcos Fernández asume esta categoría, a máis modesta do noso fútbol.



Encaramos a fin de semana con importantes novidades na nosa programación. E con participación máxima para o lector e espectador de Futbolinlugo. Despedimos tanto o Anecdotario como o Partido da Xornada.
Os sábados, Santi Real deixará a súa porra da xornada a primeira hora da mañá. Nove máis partidos máis un pleno ao 10 no que marcará o seu 1X2 e deixará o seu prognóstico xunto á data, horario e localización de cada encontro. Acto seguido, deixaremos a mesma porra baleira para que descarguedes a imaxe, a cubrades e compartades no noso Instagram sempre antes do sábado ás 16.00 horas. Xa que o que acerte os dez partidos terá premio cada semana.

O domingo vén un dos pratos fortes da temporada. E dada a relevancia da sección imos manter baixo custodia o seu contigo. Nos próximos días teredes máis novidades.


Pero isto non é todo. Os contidos puntuais tamén terán oco nesta casa. Seguiremos coas espectaculares fotografías dos nosos colaboradores nos diversos Partido en imaxes… E completaremos todo este menú coa máis rigurosa actualidade. Noticias, entrevistas, reportaxes… O que o día a día esixa porque queremos ser un ano máis o espazo de referenza do balompé máis modesto. Do fútbol de verdade! Vémonos nos campos, nos bares, nas redes sociais e en www.futbolinlugo.es