Racing e Viveiro: camiños dispares para obxectivos firmes

Dous lucenses inician competición nunha 3ª RFEF composta por 16 equipos

A competición está de volta. Esta fin de semana póñense en xogo a Terceira RFEF, a Preferente, a Primeira Rexional, a 2ª RFEF Fem e a Primeira Galega Fem. A quinta categoría do fútbol masculino estatal contará este curso con dezaseis equipos, entre eles, dous lucenses: o Racing Villalbés e o Viveiro CF.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Ambos os conxuntos sufriron cambios neste verán, sobre todo no cadro celeste. Os camiños escollidos para a remuda do conxunto foron diferentes, pero ambos parten con cadanseu obxectivo claro neste comezo de liga.

O Racing Villalbés comezará a campaña na casa. Xogará o domingo ás 12 da mañá ante o Estradense dirixido polo focense Nacho. Por certo, un horario que dende o equipo chairego queren convertir en rutina. Na matinal tamén adoitaba xogar os últimos anos en Cantarrana o Viveiro, aínda que a primeira xornada vaina xogar lonxe do seu feudo. Viaxará a Redondela para enfrontarse ao Choco o domingo ás 18:30h.

Deportes Élide

Simón Lamas: «É difícil mellorar o equipo que temos»

O equipo preparado por Simón Lamas sumou futbolistas de renome na categoría ao seu cadro. Sobresaen fichaxes como as de Pablo Rey ou a de Marcos Álvarez. «Gústame a ambición que teñen por seguir sendo mellores», salienta o seu actual adestrador. Para Simón «é difícil mellorar o equipo que temos; buscamos un perfil de futbolistas que, a parte de ter peso, teñan ambición».

Con estes mimbres o técnico é consciente do que se espera do equipo: «É innegable que si estamos ilusionados polo que nos transmiten os novos e tamén os máis veteráns. Que futbolistas como Javi, López ou Make sigan sendo os que mellor adestran e os que máis se esixen nos partidos é un luxo».

Será a quinta temporada na que o adestrador vilalbés exerca como primeiro técnico. Nos últimos cursos unha das materias pendentes do Racing foi a de sacar bos resultados a domicilio. «Se somos capaces de mellorar como visitantes imos a poder pelexar con calquera equipo. Non obstante, a tremenda igualdade fai que non nos podamos despistar», apunta Simón. «O inicio marcará o devir. Un factor importante sempre é a diversidade de escenarios que hai na categoría», salienta.

Logo de que a temporada pasada a liga fose reducida en dezaoito equipos, esta campaña o número de conxuntos baixa ata o dezaseis. «Para min ten máis prexuízos ca virtudes. É unha liga tremendamente igualada porque ademais os equipos que soben de Preferente fano con potencial económico e deportivo. A categoría aumenta o nivel e prémiase algo menos a regularidade», comenta o míster vilalbés que estará acompañado no banco polo chantadés Juan Rodríguez.

Neste contexto de importantes fichaxes preguntámonos que peso terá a canteira no cadro racinguista. Esta temporada o Racing contará cun filial que sairá a competir en Terceira Rexional. «É un paso importante que está custando dar. Énchenos de ilusión que algún rapaz que ten capacidade de xogar en categorías máis altas queira estar aquí», di o adestrador do primeiro equipo.

«Creo que é un paso necesario. Para que os rapaces que saen do noso equipo xuvenil podan dar o salto ten que haber un intermedio. A realidade é que hai xogadores en Ferrol e en Lugo que queren vir a Vilalba que teñen unha traxectoria inigualable. Estes rapaces teñen que igualar iso e a forma de alcanzalo é adestrando. Hai moi poucos equipos nas nosas cercanías que teñan unha boa calidade de adestramento. Algúns xogadores do filial adestran con nós e van vir convocados. Na pretemporada todos tiveron minutos», conclúe.

Alberto López: «Estamos nun 30% en aspectos físicos e tácticos»

Alberto López colle o timón dun Viveiro con moitos xogadores recén chegados a Galicia. Foto: Viveiro CF

Pola súa banda, Alberto López mudou o seu proxecto do Lemos na Preferente polo do Viveiro en Terceira. O técnico ten contrastado o seu traballo polos catro costados da provincia e tamén fora dela. Cando chegou a pandemia gozaba dunha gran experiencia na Terceira como adestrador no CSD Arzúa, o equipo revelación naquel momento.

A pesar de tan dilatada carreira, este que vén, probablemente sexa un dos maiores retos para Alberto. «Somos o equipo con máis restruturación da categoría e aínda chegamos en construción ao inicio ligueiro», destaca. «Chegan catorce xogadores novos, algúns deles aínda viñeron esta semana e algún outro falta por chegar», informa.

O técnico lucense é consciente de que de momento están moi lonxe do nivel que agarda conseguir para os seus: «Estamos nun 30% en aspectos físicos e tácticos e aínda ao 20% en aspectos tan importantes como as estratexias». Non obstante, algún que outro resultado da pretemporada demostrou o que quere conseguir o adestrador: «Seguro que imos competir e ser un equipo difícil de batir e tamén perigoso en fase ofensiva».

Nesta situación, a meta é moi clara: «Co baixo presuposto e o ter que comezar case de cero, o obxectivo non pode ser outro ca o de manter a categoría«.

O club celeste vivirá unha temporada histórica xa que no 2023 fará cen anos dende a súa fundación. O técnico sabe ben que a categoría «mellora o nivel dos equipos e a esixencia vai ser moi alta». Aínda así, para el ten algún aspecto positivo: «é un calendario con menos partidos, as xornadas están máis repartidas e os descansos van vir ben para planificar e traballar».

Para o míster do Viveiro «é moi dificil traer a xente da provincia a Viveiro pola distancia«, aínda que recoñece que «os xogadores de nivel da Mariña non quixeron vir xogar aquí polos motivos que sexan». Neste momento salta o papel tamén da canteira. «É importante, pero o salto de xuvenís a Terceira é moi grande. Futbolistas como Fanego, Adrián ou Álex poderán estar no primeiro equipo, pero todos temos que saber cumprir os prazos», certifica Alberto.

Os equipos lucenses terán por diante trinta e dúas xornadas para tratar de lograr os seus propósitos. A primeira finde de outubro tamén chegara o primeiro derbi do ano, en Cantarrana. A maiores de Estradense e Choco, enfrontaranse ao Paiosaco, Silva, Fabril, Atlético Arteixo, Arousa, UD Ourense, Arzúa, Somozas, Rápido de Bouzas, Barco, Gran Peña (Celta C) e Alondras. Todos os luns repasaremos na nosa web o que fan os nosos.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 557

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.