#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 324

Agosto vai collendo o camiño de saída e setembro traerá de volta as competicións do fútbol afeccionado. Á espera de que comecen as ligas e de que saia a IV Guía Futbolinlugo, continúan sucedéndose noticias pola provincia. Sobre todo, polas categorías máis baixas do noso balompé.

A Primeira Rexional comezará na finde do 11 de setembro. Para esa data, o Sporting Pontenova poderá contar con Brais, a última fichaxe en ser anunciada. O lateral ou carrileiro procede da SD Ribadeo xuvenil e ten tamén pasado nas categorías inferiores do CD Lugo. Reforza esa parcela do equipo logo da grave lesión de Lucas.

Na Segunda Rexional, cuxa competición empeza na finde do 18, o Xermade continúa anunciando as súas fichaxes para o novo curso. Segue incorporando xuventude da man de Eyob; o defensa procede do Galicia de Caranza xuvenil.

Na zona sur, tamén segue apostando pola xente nova a SD Becerreá. Da man de Antón Méndez, dende o equipo queren que esa siga sendo o sinal de identidade. Os ata agora xuvenís Damián, Iago e Álex Navia soben definitivamente ao primeiro equipo. Ademais regrese o extremo Álvaro, logo dun ano sen xogar.



A Terceira Rexional iniciará a súa división a última finde do mes da vendimia. Para a volta da competición prepáranse no Abadín. O conxunto recén descendido anunciou a fichaxe de Pablo Díaz Otero. Un xogador da casa para reforzar a defensa.

Pola súa banda, o Castroverde suma para o seu cadro de xogadores a Samu. O extremo chega dende o xuvenil do EF Polvorín. Ademais ficha a Quique, futbolista de banda esquerda que vén do Rábade FS. Anteriormente estivo no Pabellón do seu Ourense natal.



Diario dun mercado. Episodio 324

Diario dun mercado. Episodio 325

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *