Fran Veiga: «Moitísimos xogadores da Primeira poderían xogar en Preferente sobrados»
Diego Díaz Martínez / 3 años
16/09/2022
0
3min de lectura
O Veiga do Olmo recupera un antigo líder, un técnico moi querido polas terras de Castroverde. Francisco José Veiga Carral ‘Fran Veiga’ (05/08/1992, Castro de Rei) volve ao noso fútbol despois de dous anos e medio de inactividade. Todo por unha boa causa.
FUTBOLINLUGO: Boas Fran. Como se leva iso de parar en seco no teu mellor momento como adestrador?
FRAN VEIGA: O meu último partido foi un 4-1 na casa co Pastoricense ao Xove Lago. Iso si, a decisión de parar foi doada. Cando me enterei de que ía ser pai, quería estar libre para ver como era a aventura. O neno pon as cousas fáciles, agora vai facer un ano, e vin que podía volver e compatibilizar. Tamén hai que dicir, que na Terceira Rexional a esixencia e o compromiso, non son tan altos como noutras categorías.
«Na Terceira Rexional a esixencia e o compromiso, non son tan altos»
FIL:Moito tempo fóra do verde. Como mata un o ‘gusaniño’?
F.V: Ao principio, ao non haber competicións mataba o ‘gusanillo’ facendo outro tipo de deportes. Saía moito coa bicicleta. A temporada que non se xogou tiña feito fichaxes e todo, aí tiña pensado adestrar. Nese marzo que decidiron que non se xogaba, xa comuniquei que non seguía o ano siguiente pola razón do fillo. Así que adiqueime a ver fútbol. Outeiro, Pastoricense, Castro… Equipos cercanos e cos que teño afinidade.
FIL:Tirándoche do fío. Onde están as diferenzas entre unhas categorías e outras no noso fútbol afeccionado?
Castroverde 22/23
F.V: A principal diferencia está no tempo que lle poidas adicar. Da Primeira á Preferente, eu vía na Primeira xogadorazos. Moitísimos poden xogar en Preferente moi sobrados. Pero por temas de traballo, días de adestramentos, desprazamentos e conciliación familiar; deciden baixar un chanzo. Logo o salto de Segunda a Primeira é bastante grande, a nivel futbolístico e de todo. Entre Segunda e Terceira a maior diferenza é o compromiso e a regularidade, con respecto ás outras categorías.
«O salto da Segunda á Primeira é bastante grande»
FIL: Foi Castroverde a mellor oferta de todas para Fran Veiga?
F.V: Ofertas houbo varias, de categorías superiores. Pero se volvo a Castroverde é pola ‘Vella Garda’ e por sacar rapaces novos, como dicides na Guía de Futbolinlugo. Ata agora collín xente en plenitude, equipos xa feitos aos que pouco lles podía ensinar. Que me tiña que adaptar eu máis a eles que eles a min. Aquí podo crear o meu estilo e facer cousas de cero. Tamén estar cos Richard, Gelo, Iago… Faise ata pouco estar tres días á semana con eles.
FIL: Segunda etapa en Castroverde. Vas repetir a aposta da cea se conseguides 10 dos 15 primeiros puntos?
F.V: Sorte que da Terceira non se pode descender. Daquelas fixeramos nove puntos ao final da primeira volta. E agora andan sempre con esa historia… Iso si, a principios de tempada hai que marcarse obxectivos periódicos. Os cales decidirán os xogadores para darlles un aliciente máis.
«Aquí non teño que adaptarme tanto, podo crear o meu estilo e facer cousas de cero»
en curto, fran veiga
Un campo: Veiga do Olmo
Un xogador: Iago Aspas, o gran olvidado de Luis Enrique
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.