#Fútbol afeccionado #Feminino

O Lugo triunfa nunha xornada de duras goleadas

Recuperamos a nosa sección do fútbol feminino a golpe de mércores. As Nosas Guerreiras deixa paso a ‘Con F de Futbolista’ mantendo a esencia de sempre. Na que falaremos do máis destacado da xornada.

Esta pasada fin de semana iniciáronse dúas categorías, a Segunda RFEF e a Primeira Galicia, quedando o comezo da Segunda Galicia para o próximo 2 de outubro. Os calendarios están ao caer.

O PM Friol estreábase na Segunda RFEF. E o debut non foi o soñado. As de Covi recibiron dous goles de Yanguas no ecuador da primeira metade. Tamén se permitiron o luxo de errar un penalti para volverse meter de cheo no encontro. Na reanudación, as da Reigosa pagaron o exceso de valentía. As rioxanas sentenciaron con outros dous tantos no tramo final. Ainhoa Plaza anotou o gol da honra para as lucenses, que quedan en postos de descenso.

Xa na Primeira Galicia, cara e cruz para os nosos representantes. O Lugo controlou todo menos a abafante calor. Superaron a estrea con nota alta ante un Victoria CF ao que lle fallou a presión avanzada. As de Joaquín Blanco interpretaron a espalda visitante á perfección e sumaron de tres no primeiro partido ligueiro, deixando a sensación de que a goleada resultou algo curta.



Un lance do encontro do Lugo. ROBERTO CARREIRA

Pola súa parte, o Antas caeu con claridade no campo do O Val. O encontro xa quedou resolto co 3-0 ao descanso. Era o de menos. O meritorio foi o feito de que o equipo saíse a competir con once guerreiras. As cales aseguraron a supervivencia do cadro do Castro Seoane. O hat trick de Noemí decantou a contenda ante un Antas que raiou a bo nivel defensivo e tivo algunha ocasión. Circunstancia destacable para os escasísimos adestramentos que puideron realizar.

RESULTADOS DA XORNADA

Pradejón 4-1 PM Friol

Lugo 3-1 Victoria CF



O Val 5-0 Antas


O Lugo triunfa nunha xornada de duras goleadas

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 1

O Lugo triunfa nunha xornada de duras goleadas

Diario dun mercado. Episodio 328

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *