Posiblemente este sexa un dos últimos episodios do Diario dun mercado deste verán. Así que aquí ben unha boa ración de movementos pola provincia adiante!
Iniciamos a aventura polas categorías superiores, onde tiñamos pendente a última fichaxe do Viveiro. A do centrocampista alcalaíno Germán Tejada. Así como a renovación dun clásico no Ribadeo: Diego Hermida. Ademais, o Portomarín incorporou a Adrián, central procedente da Residencia xuvenil. Os miñotos tamén ficharon ao extremo Fran Pastor, do Riotorto. Por último, a Sarriana engadiu á súa nómina de futbolistas ao dianteiro David Echávarri. O punta viviu a súa última experiencia no Beti Onak da Terceira navarra, onde rompeu o ligamento cruzado. Chegando así a Sarria para reivindicarse e relanzar a súa carreira.
Baixamos á Primeira Galicia, onde Óscar se une unha campaña máis ao seu irmán Iván no Castro. Os ‘xemelgos do Guntín’ xogarán xuntos no Arturo Pereiro.

Ademais, Fer renovou no Xove Lago. E o Pol reventou o mercado, coa incorporación do pichichi da Preferente Gerardo. O de Asturias desvinculouse definitivamente da Sarriana para xogar nun dos máximos candidatos ao ascenso.


Na Segunda Galicia, os nosos equipos terminan de apuntalar os seus cadros de xogadores. O Oural ficha a Iván Barrio defensa da Residencia, ao xuvenil da Sarriana Marcos e a porteiro venezolano Julián. Pola súa parte, o San Roque incorpora aos dianteiros Dhomini (EF Polvorín xuvenil) e Edgar, goleador procedente do Bertamiráns. O Alfoz garantiu tamén a continuidade do defensor Liz.

O Guntín suma ao defensa cubano Javi, afincado en Lugo desde o pasado mes de marzo. Pérez, renova. E a Comercial ficha ao zagueiro Francesc, que chega desde Cataluña. Pola súa parte, o Xermade faise cunha das xoias do Goiriz: o centrocampista Alfonso. E no Brollón renovan Maza e Iago ao tempo que anunciaron a marcha de Fran.
Na Terceira, Cañero seguirá unha campaña más no Quiroga. E Piquete renova no Relámpago Taboada. Ao igual que Romay e Rubén cun Mondoñedo que pelexará polo ascenso.

