Os Máxicos asinan catro empates e dúas victorias visitantes

Os Máxicos achéganse á recta final de temporada cos obxectivos por cumprir. O Monterroso asalta o terceiro posto logo do pinchazo do Ribadeo, mentres que o Xove supera ao Iberia no derbi para saír de postos de descenso. O Oural e a Milagrosa empatan no Luis Pallín (1-1). Os Máxicos de Madriles adiantáronse na primeira […]

O Burela puxo unha das remontadas da Preferente Norte

Día de remontadas na Preferente Norte

O Trío de Ases O Cantón agasallou unha xornada trepidante nos campos lucenses. Sobre todo, nos da Preferente Norte, xa que o Pol e o Burela, no primeiro encontro de Julio Castro aos mandos, conseguiron vitorias importantes no último minuto. Ademais Sarriana e Lemos acadaron triunfos pola mínima, mentres que na Terceira ningún acadou os […]

David Cabado, capitán do Corgo

David Cabado (Corgo): «Volver o día do ascenso é unha dobre alegría»

O Corgo está de noraboa, xa que tras tres anos intentándoo sen éxito, acadaron o seu regreso á Segunda Futgal despois dunha tempada onde foron os claros dominadores do grupo sur da Terceira Futgal. Un equipo que se constrúe a través dun ataque moi produtivo e que, na parcela defensiva, ten un muro que lles […]

O Burela, a facer bo o dito

O tan repetido de «adestrador novo, vitoria segura«, é ao que se aferra o Burela nesta xornada na que Julio Castro debuta no banquiño da Marosa. Será o domingo ás 17 horas coa arbitraxe de Darío Costas. A SD Burela afronta este encontro decisivo en postos de descenso con vinteseis puntos na clasificación, a dous […]

O Corgo culmina unha gran temporada co ascenso

Tres anos despois, o Corgo retorna á Segunda Futgal logo dunha espectacular temporada. Os de Abel Rochela venceron ao Relámpago Taboada con claridade e culminaron o seu gran obxectivo: lograr o ascenso e saír campións de grupo. O Rubián deu un paso de xigante para facerse coa outra praza de ascenso directo logo de vencer […]

O Antas corta a súa boa xeira

O PM Friol cumpre con solvencia ante o Orzán Vitoria clara das friolesas ante un Orzán que en ningún momento tivo posibilidades de levarse o partido. As amarelas dominaron de inicio a fin o encontro co control da posesión e deixando sen apenas ocasións perigosas ás visitantes. Dous tantos de Fati déronlles a vitoria, que […]

Moitos goles e victorias claras na Primeira Futgal

Os campos lucenses celebraron 26 goles este fin de semana. O Escairón aproveitou o empate de Monterroso e Ribadeo, mentres que a zona baixa segue igual de apretada… Victoria para a ‘SD’ no derbi entre viño e viño (0-3). Citábanse no Sangoñedo os dous cadros da vila do Asma, e o Chantada Atlético asinou 30 […]

O Lugo B celebra a súa vitoria

O Lugo B dálle a volta á Terceira RFEF

Poucas veces o Trío de Ases o Cantón viron como un equipo, o Lugo B neste caso, xiraba completamente o guión de toda a competición. Os de Dani Galán derrotaron a todo un Compostela que xa está igualado a puntos co Arosa na Terceira. Outros dous que deron un golpe sobre a mesa foron o […]

Óscar Moure (Lemos): «Decantámonos por Marquitos porque coñece o club»

Despois de seis encontros nos que non puideron sumar a vitoria, o Lemos tomou unha decisión que extrañou a moitos por como estaba sendo a tempada. O conxunto monfortino decidiu prescindir dos servizos de Edu Rodríguez como adestrador despois de que, na pasada tempada na Preferente, lles dese a permanencia. Agora, o rumbo cara entrar […]

A terceira praza, un botín que Monterroso e Ribadeo non queren deixar escapar

Como se dun obxecto de valor se tratase, a terceira praza da clasificación é un prezado ben que Monterroso e Ribadeo veñen compartindo nos últimos meses de clasificación. Nesta xornada, o dono dunha praza no play off de ascenso pode quedar máis definido, ou incluso deixar que a emoción continue ata as derradeiras xornadas. O […]

Taboada B e Rubián non ceden na pelexa polo segundo posto

Púxose ao día a Terceira Futgal coa disputa dos encontros adiados na xornada 12 por mor do temporal, un no grupo norte e catro no sur. O Pol B mantense na pelexa polo play off logo de vencer ao Roupar, mentres que no sur, Taboada B e Rubián sacaron adiante os seus encontros e seguen […]

A Milagrosa estréllase co líder, o Tordoia

O Antas segue de doce Nova xornada e nova vitoria dun Antas que continúa intratable. Esta fin de semana, tocoulle ao Orzán B, que coma ven sendo habitual nos rivais do Antas, saiu escaldado da súa visita ao Castro Seoane. Malia comezaro partido un tanto desconectadas, o Antas atopouse cun gol de Dana que serviu […]

Os Máxicos non paran a SD Chantada nin a Xove

Os Máxicos da Primeira Futgal seguen adiante na procura dos seus obxectivos. O Xove de Piru segue nunha impresionante xeira, mentres que a SD Chantada mantén 14 puntos de renda co seu perseguidor máis inmediato, a Residencia. O Monterroso, pola súa banda, non deu opción ao Taboada no derbi. O Brollón non comparece na Peroxa […]

A Sarriana celebra a vitoria

A Sarriana pon toda a carne no asador

Despois de catro encontros nos que a fortuna non os acompañaba, a Sarriana acadou unha vitoria moi importante ante a UD Ourense. Non só no apartado clasificatorio, se non no enfoque de cara á loita pola permanencia. Outro equipo do Trío de Ases O Cantón que pon a directa é o Pol na Preferente, que […]

Un derbi para trocar a mala xeira

Falar de urxencias con dez partidos por diante parece desproporcionado, pero hai situacións negativas que curan cun triunfo. É o caso da Sarriana que vén de caer nos últimos catro partidos dun xeito cruel e que ve no derbi diante da UD Ourense unha oportunidade para revertir a mala xeira e de paso escapar dos […]

O Mondoñedo xa é de Segunda Futgal

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia chega co primeiro ascenso da temporada no fútbol lucense. Un ascenso pola porta grande o acadado polo Mondoñedo, único equipo da nosa provincia que non coñece a derrota e que retorna á Segunda Futgal só un ano despois de perder a categoría. Nesta xornada venceu ao Celeiro pola […]