Diario dun mercado. Episodio 541

O mercado continúa co seu movemento constante. É o caso do fútbol feminino, pois ⁠María Calvo renova no Victoria CF no debut das «cebras» na Segunda Federación, a terceira categoría do fútbol feminino estatal. A polivalente xogadora guitiricense convive na estrutura do club con Valeria Trashorras, filla de Roberto Trashorras. A futbolista, aínda en idade cadete, xa tivo moito protagonismo o curso anterior no ascenso.

O mercado mantén o ritmo na Terceira Futgal

Tamén concentra novidades a Terceira Futgal. No sur da provincia, o Quiroga segue a «pescar» no Ferreira e incorpora a Samu Capi, mentres que o filial do Pol segue a formar un grupo moi competitivo. Desde o desaparecido Matela chega o centrocampista Martín Botana. Súmase así a outros compañeiros, como os xa anunciados no noso mercado Simao ou Iván Matías. Por último, na Mariña, o Celeiro mantén a súa actividade e anunciou a fichaxe de Aarón.

Ademais, algúns dos grandes nomes do fútbol provincial poñerán a súa experiencia a disposición dos seus clubes. É o caso de Iago Parga, que adestrará aos infantís da Sarriana, ou de Ruchi, que estará á fronte dos infantís e dos benxamíns do seu Becerreá. Ambos compaxinarán esta labor coa de futbolistas no primeiro equipo.

mercado
Ruchi seguirá no Becerreá e será adestrador no seu fútbol base.

Diario dun mercado. Episodio 541

Diario dun mercado. Episodio 541