A Milagrosa celebrando o seu ascenso á Primeira Galega feminina

Milagrosa e Antas arrancan en distinto grupo na Primeira Galega

A competición está a piques de comezar e na Primeira Galega feminina hai dúas novidades importantes. A primeira ten que ver coa composición dos grupos, xa que os dous equipos da provincia, Milagrosa e Antes, non xogarán no mesmo grupo. Iso si, poderían rematar enfrontándose grazas ao cambio de formato, xa que haberá unha segunda fase divida entre tres grupos dependendo da situación clasificatoria dos primeiros meses da competición.

A Milagrosa celebrará a súa recente promoción no grupo norte, onde se medirá a Xallas, Victoria B, Muxía, Sporting Cambre, Pastoriza, Tordoia, Orzán B, Bergantiños B e Carral. Pola súa parte, ao Antas tocaralle baixar ata o grupo sur, onde tamén se atopan Atlético Arousana, Calo, Valladares, Ponte Caldelas, Lóstrego Club de Fútbol B, Touro, Arenteiro, Mos e Atlético Villalonga B.

Un formato diferente

A competición terá este ano un formato diferente. Os dous grupos rematarán a fase regular o 14 de febreiro e logo pasará a haber tres ligas novas. Do primeiro ao terceiro xogarán no denominado Grupo A, do cuarto ao séptimo no Grupo B e do oitavo ao décimo no Grupo C. O que estará en xogo na segunda fase aínda non está determinado a falta de que a federación publique a circular da competición

Todo comeza o 13 de setembro

A liga comezará o mesmo día para Milagrosa e Antas, pero só será o conxunto lucense que comece na casa. Farano ante o Victoria B, mentres que ao Antas tocaralle visitar ao Ponte Caldelas en Chan da Barcia. O debut do conxunto da ulloa nesta tempada no Castro Seoane será ante o Touro na segunda xornada, que se disputará na fin de semana do día 20 de setembro.

A Milagrosa pecha a fase na casa, o Antas fóra

Nese alonxado día de San Valentín serán os últimos encontros da fase regular e a Milagrosa terá a fortuna de xogar na casa ante o Sporting Cambre nun partido no que parte da tempada podería estar en xogo para ambos equipos. Pola súa parte, ao Antas tócalle coller o autobús para medirse ao Valladares no encontro que remata a primeira parte da campaña.

Milagrosa e Antas arrancan en distinto grupo na Primeira Galega

Diario dun mercado. Episodio 543