Jita pon fin neste mercado a 16 tempadas no Páramo

Diario dun Mercado. Episodio 545

A falta de unha semana para que o balón comece a rodar por todos os rincóns da provincia, o Diario dun Mercado segue dando novidades para aqueles equipos que van de rezagados están a perfilar os últimos flecos dos cadros de xogadores que os van representar por todo Lugo. Tamén é turno para confirmar algún final de ciclo que causa unha profunda dor en proxectos enteiros.

Na Primeira Futgal só hai unha novidade coa continuidade no Folgueiro do seu porteiro, Javi. O gardameta leva toda unha vida no conxunto mariñán e sendo peza moi importante nas dez tempadas nas que se enfundou os guantes para o seu equipo. Na tempada do ascenso, tivo 29 titularidades e só encaixou 32 goles. Nesta tempada, ademais, aportará a experiencia de xa contar con moitos minutos nunha categoría nova.

Na Segunda Futgal, moitas das novidades chegan polo lado sur. Camilo foi unha das pezas máis codiciadas do mercado na comarca de Sarria e foi a Sarriana B quen o levou despois de facer un gran ano no Paradela. Os de Raúl tamén conseguiron nesta ventá de novas incorporacións o regreso de Mati despois dun ano no que non puido estar presente nos terreos de xogo. No sur tamén hai que mirar cara a Rubíán, onde Casillas seguirá baixo os paus despois de ser unha das pezas importantes para que o equipo acadase o ascenso.

Pola súa parte, no grupo norte da categoría tamén hai novidades, neste caso na matería da continuidade dunha peza importante para o seu equipo. O Mondoñedo confirmou a continuidade do ribadense Diego Polo para a tempada que está a dúas semanas de comezar no seu caso. En só trece encontros xogados gañouse titularidade e foi quen de marcar cinco goles que foron importantes para alcanzar a nova categoría.

Doble despedida no mercado

Durante o ano sempre hai baixas que causan grandes golpes emocionais para equipos enteiros. Iso é o que pasou no Páramo onde dous emblemas como Jita e Pepe paran coa súa actividade no club. Despois de 16 e 13 tempadas vestindo as súas cores, vai resultar difícil para todos os afeccionados do fútbol provincial non velos dando cátedra polas Rapadas. Por último, a última firma deste Diario dun Mercado chega no Relámpago Taboada, que se fai cos servizos de Raúl Nogueira.

Diario dun Mercado. Episodio 545

Diario dun Mercado. Episodio 545