#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O anecdotario: «Engordar en pleno partido», por Manu Cedrón

Vou falar da miña época no fútbol base no Lugo. Seríamos infantís, cadetes… E xogaba con nós unha auténtica persoaxe. Un rapaz cunhas saídas boísimas e co que te rías moito. A que vos vou contar sempre dirá que foi unha broma. Eu dígovos que foi totalmente en serio.

Estabamos nun encontro co noso preparador físico Rodri Sangiao. Antes e despois de cada partido tiñamos que pesarnos. O curioso daquel día é que o citado compañeiro pesaba máis ao remate do encontro que ao comezo. Igual influira o feito de que o cambiaran no minuto 60. E de aí ao remate do partido ventilou unhas dúas botellas de auga no banco tranquilamente.

Cedrón co seu compañeiro Arturo. DAMIÁN AVILÉS

A el non lle cadraba e preguntoulle a Rodri.



-«Como pode ser que pese máis agora que antes co que corrín?»

-«Bebiches dúas botellas de auga».

Neste momento, xúrovos que todos agardabamos a réplica do noso compañeiro. A ver que contaba, que dicía. Subiu o nivel!



«Imos ver Rodri. Ti vesme cara de tonto? Esto pesa en gramos e eu bebín litros! Que eu sei de Física!».

Moito nos rimos. Tamén influiu que ganaramos ese partido. E asegúrovos que esta é unha aventura máis das varias que podería contar este xogador.

Manu Cedrón López. Porteiro do Viveiro, gardián de Cantarrana

Fotografía principal: Cristóbal Durán



O anecdotario: «Engordar en pleno partido», por Manu Cedrón

O partido Fisioterapia Ronda . . .

O anecdotario: «Engordar en pleno partido», por Manu Cedrón

O Racing Vilalbés triunfa no derbi provincial

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *