Víctor Eimil, goleador como cando era cativo

Foto de portada: CD Arenteiro

A 18ª xornada da Terceira División volveu deixar a Víctor Eimil como a un dos grandes protagonistas da finde. E sobre todo, cun rol protagonista nos #LucensesNaTerceiraGalega. Agás algún partido aprazado, quedan catro xornadas para rematar a primeira fase. Moito en xogo neste emocionante mes de marzo.

Marcar por terceira semana seguida:

Escucha “Entrevistas Futbolinlugo” en Spreaker.

Víctor Eimil marcou gol por terceira semana consecutiva. Desta volta non foi o tanto máis espectacular, pero serviulle de moito o Arenteiro. Con ese gol derrotou na Regueiriña de Barbantes a UD Ourense. O triunfo permítelle aos pupilos preparados por Fran Justo aumentar a vantaxe na primeira praza do Grupo B. É líder con cinco puntos de diferenza con respecto ao Arousa. Esta semana xa podería confirmar matematicamente a súa presenza na fase polo ascenso.

Eimil marcou no tramo final de partido. Un saque de recanto petou no pau e, no rexeite, o vilalbés marcou na beira da liña da portería. Foi un dos destacados do equipo no Trío de Ases de Futbolinourense. O seu olfato goleador nos últimos partidos lembra as súas épocas máis goleadoras no fútbol base. Xogaba como atacante e na etapa de formación no Racing Villalbés deixou boa conta do seu repertorio de goles.

Máis lucenses no sur:

O Arousa empatou sen goles ante o Atios. Ross xogou, de novo, todo o encontro. Quen saíu dos postos de privilexio foi o Choco. Perdeu ante o Estradense sen Alberto Suárez que cumpriu un partido de sanción.

Jesús López Fernández arbitrou o encontro entre o Rápido 2-0 Pontellas. Estivo asistido nas bandas por Adrián López Bermúdez e Pedro Castro Gómez.

Dani Vidal foi un dos destacados da xornada. Foto: Endie DoaRúa

O partido con máis lucenses:

Dezaseis xogadores da provincia citáronse en Cantarrana. O Arzúa venceu por tres goles de diferenza ao Viveiro. No cadro celeste participaron catorce lucenses. Javi Rey, Edgar e Criss foron os destacados no Trío de Ases. Pola súa banda, Álex Vázquez e Pedro Delgado xogaron todo o duelo co Arzúa. O chantadino estivo moi participativo en ataque e tamén en dous dos goles. Brais Prieto estivo na convocatoria pero non gozou de minutos.

O Racing volveu ao camiño da vitoria ante o Fisterra. Venceu pola mínima coa participación de once lucenses. O gol foi de Muíña que marcou o terceiro da temporada. Vérez foi un dos que formou parte do Trío de Ases do partido. Anxo volveu ter minutos logo de varios encontros sen telo. Participou nun enfrontamento por terceira vez na tempada.

Seis lucenses estiveron presentes no Manuel Candocia. O Somozas igualou ante o Silva sen goles. Aldán Naval entrou no minuto 64. Foi o primeiro troco realizado por Jairo Bello. Entrou no canto de Bruno Bellas. No conxunto silvista Xusto foi titular todo o encontro. Estivo arbitrado por David Pereira Ferreiro e asistido nas bandas por Alberto Blanco Méndez e Alberto Lago Barreiro.

O Polvorín derrotou na Porta Santa ao Paiosaco coa participación de catro futbolistas de Lugo. Julen e Dani Vidal foron titulares. O gardamallas volveu a titularidade. Acumula doce encontros neste curso. Por seis xogados de Ángel Fraga. Pola súa banda, o de Portomarín encabezou o Trío de Ases desta finde. Marcos e Martín entraron na segunda parte.

O Bergan de Iago máis líder:

Se no sur manda o Arenteiro, no norte domina o Bergantiños. O cadro de Carballo remontou o seu partido ante o Fabril. Con Iago López xogando todo o partido. Recibiu o primeiro cartón amarelo da tempada. Aproveitou o empate do Somozas e aumentou a distancia no liderado. Ten sete puntos máis ca o conxunto de Ferrolterra. Tamén está a un paso de asegurar a súa clasificación matemática para a fase polo ascenso.

O As Pontes caeu por goleada ante o Agrupación Estudiantil (5-1). O gardameta Brais Vázquez estivo na convocatoria pero polo momento non debutou co cadro pontés.

Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 273

Deja un comentario