#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Tres lucenses loitarán por subir cos seus equipos á Segunda B

A 19ª xornada da Terceira División deixou a tres equipos clasificados matematicamente para xogar a fase polo ascenso. Na zona norte o Bergantiños. E na zona sur, o Arenteiro e o Arousa. Hai un lucense en cadanseu conxunto. Iago López, Víctor Eimil e Ross merecen mención destacada neste nova reseña dos #LucensesNaTerceiraGalega.

Tres representantes nos tres confirmados:

Iago López xogou os noventa minutos do Bergantiños – Estudiantil (2-0). Foi a décima titularidade do central monfortino nesta 1ª fase. Iago mesmo tivo unha oportunidade de gol, aínda que o seu remate foi moi forzado no segundo pau logo dunha xogada a balón parado. O cadro de Carballo confirmou a súa presenza na fase polo ascenso.



Tamén está a piques de confirmar o primeiro posto do Grupo A. Conta con nove puntos de vantaxe sobre o Polvorín e o Somozas. E nove son os puntos que lles quedan en xogo aos tres equipos. O Bergan ten o gol avarage a favor con respecto ao equipo lucense. E ten un encontro por xogar co colectivo de Ferrolterra.

O duelo entre o Bergantiños e o Estudiantil contou con trío arbitral da provincia. Estivo dirixido por Iván Abel Bruzos. E asistido nas bandas por Adrián López Bermúdez e Adrián Fernández Teijido.

Víctor Eimil desputou todo o encontro no empate do Arenteiro en Calabagueiros. Foi o décimo segundo partido que saíu de inicio. O vilalbés curtou a xeira de tres xornadas seguidas marcando. Pero foi quen de xerar unha boa oportunidade cunha xogada individual por banda dereita. Entrou case ata a área pequena e o seu centro a piques estivo de propiciar unha clara opción de gol.



O colectivo do Carballiño asegurou a súa presenza na fase polo ascenso. E mantense como líder, aínda que viu reducida a súa diferenza co Arousa.

O equipo de Vilagarcía gañoulle ao Rápido de Bouzas e tamén se clasificou matematicamente para pelexar polo ascenso. Ross foi de novo da partido como durante toda a tempada. Quedan a tres puntos da cabeza.

Un gol de Xusto axuda a que o Silva saia do descenso: 

O Silva recuperou este mércores un dos partidos que tiña pendentes. Derrotou por 0-2 ao Fisterra. O primeiro gol que subiu ao marcador foi autoría do focense Xusto. O central xogou todo o encontro. Ao igual que xa o fixera na finde. O encontro do Arasolis estivo arbitrado polo lucense Javier Pérez Prado e asistido por Adrián López Bermúdez e Pedro Castro Gómez. O colexiado e o primeiro asistente dirixiron o seu segundo encontro en cinco días.

En cinco días tamén os pupilos preparados por Javier Bardanca sumaron dúas vitorias que os sacan dos postos de descenso. O equipo que ocupa agora esa praza é o Viveiro. Ambos teñen un partido pendente de xogar entre eles. Enfrontaranse o vindeiro mércores ás 20:00h na Coruña. Pode ser un duelo crucial para saber en que fase estarán no segundo tramo de competición.

O partido con máis lucenses:

No tocante ao número de xogadores procedentes da provincia, o Viveiro gañoulle ao Racing. Doce futbolistas lucenses vestiron a celeste na Madalena. Nos locais os lugueses que participaron foron dez. Un deles, o autor do gol que significou en gran medida o triunfo chairego. Dani Pedrosa anotou o segundo tanto da campaña. O partido tamén deixou a boa nova do retorno de Javi Varela logo de máis de tres meses de lesión.

Julen, Martín, Dani Vidal e Marcos foron titulares nunha nova vitoria do Polvorín diante do Fabril. Décimo triunfo do curso para os pupilos preparados por Álex Ortiz.

Alberto Suárez xogou 88 minutos do Alondras 2-1 Choco. Saíu do campo, xusto antes de que os locais marcasen o gol da vitoria. O duelo era importante na loita polo terceiro posto do grupo B. O equipo de Cangas toma vantaxe na pelexa porque lle quita xa cinco puntos ao de Redondela e ademais ten dous encontros pendentes de xogar. O partido estivo arbitrado por Jorge Méndez López e asistido nas bandas por Tania Fente Pena e Álvaro Valín González.

Tres lucenses tiveron protagonismo no Arzúa 1-1 Somozas. No cadro local xogaron todo o encontro Álex Vázquez e Pedro Delgado. No conxunto visitante, Aldán Naval entrou no minuto 82 no canto de Luis Nuño.

Un lucense no derbi de Ourense: 

Julio Delgado xogou os noventa minutos no importante triunfo do Ourense CF no derbi local ante a UD Ourense. De feito, o choque comezou cunha ocasión do fútbolista de Burela. O seu disparo dende a frontal rematou nas mans do porteiro rival. No segundo tempo, crearía dúas oportunidades máis.

Notas: 

As Pontes 3-2 Fisterra: Brais Vázquez segue agardando a súa oportunidade dende o banco.

Pontellas 2-2 Ribadumia: Foi arbitrado por Javier Pérez Prado. Estivo asistido nas bandas por Alberto Blanco Méndez e Jesús Adán Gallego.

Tres lucenses loitarán por subir cos seus equipos á Segunda B

Os lucenses da Preferente xa teñen o

Tres lucenses loitarán por subir cos seus equipos á Segunda B

Diario dun mercado. Episodio 200

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *