#Fútbol afeccionado #Máis fútbol #Preferente Futgal

Diario dun mercado. Episodio 200

Que bo xeito de chegar á segunda centena desta sección!! Coa reactivación da Preferente, que terá lugar o 21 ou o 28 de marzo, os clubes lucenses comezaron a mover fíos para reforzar os seus cadros de xogadores. E vaia se o fixeron. Os conxuntos da provincia buscaron novos futbolistas noutros equipos das súas comarcas, aproveitando que non haberá competición nas demais categorías. Velaquí as principais novidades!

CD Foz: foi o máis activo neste mercado. Asinou ao gardamallas Kiko Mariño (SD Burela), ao mediocentro Dani Chinchón (Celta Barreiros) e ao dianteiro David Ben (SD Burela). Tamén desde A Marosa chegaron o extremo Diego Chao e o talentoso Álex Esquerdeiro.

Ribadeo FC: tamén desde Burela chegaron o porteiro Simón e o dianteiro Jairo Campo. 



CD Santaballés: incorporou ao central Julio Camba e ao artilleiro Jorge Pereira. 

Club Lemos: O polivalente Julio chegou desde o veciño Escairón para reforzar aos da Pinguela.

Sarriana: O goleador Gerardo Carrera, cortado polo Viveiro, é a guinda dun proxecto que aspira a todo.



Residencia: O mediapunta Dani Renda chega dende Outeiro para sumar  maior competencia a un centro do campo de garantías.

Alén de todos estos movementos, engadimos un que xa foi anunciado fai máis dun mes no nos Twitter: a fichaxe de Nico Madero polo Viveiro. 

Diario dun mercado. Episodio 200

Tres lucenses loitarán por subir cos seus

Diario dun mercado. Episodio 200

O partido Fisioterapia Ronda . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *