Dous lucenses entre os seis equipos que xogarán o ascenso a Terceira

O cambio de categoría e a Copa do Rei, máis accesibles que nunca para os nosos

Non se recorda un plan competicional tan asequible para que os nosos poidan lograr un ascenso a Terceira. Xa que 1/3 dos equipos que pelexen polo ascenso na fase final serán lucenses. Isto é posible debido a que o Grupo C da nova Preferente quedou conformado integramente polos seis representantes da provincia: Residencia, Foz, Lemos, Ribadeo, Santaballés e Sarriana. Os dous primeiros pelexarán cos dous primeiros do Grupo A (7 equipos) e do Grupo B (6 equipos) polas dúas prazas de ascenso á Terceira División.

Os nosos comezarán a súa andadura o 28 de marzo (ao igual que o Grupo B), unha semana máis tarde que o Grupo A (que conta con 4 xornadas máis de competición por ese equipo extra). Disputarán unha liga a dobre volta, que dará acceso a ese grupo decisivo polo ascenso. Durante toda a Preferente haberá dúas xornadas intersemanais ademais da do Xoves Santo. A competición rematará o 27 de xuño.

NOVIDADES NA COPA DO REI

Neste curso tan especial a RFGF quixo cambiar o modelo de acceso á praza existente para a próxima Copa do Rei. Xogaranse ese posto os terceiros clasificados de cada un dos grupos explicados anteriormente (A, B e C). O gañador deses terceiros clasificados disputará unha eliminatoria contra o gañador dos terceiros clasificados dos grupos de Pontevedra e Ourense. Quere dicir que os conxuntos que pelexen polo ascenso, descártanse de xeito automático da loita polo torneo do KO.

DATAS DE INICIO PARA AS COMPETICIÓNS DE BASE

A RFGF recordou que o prazo de inscrición para todas as competicións autonómicas e provinciais de base está aberto ata o próximo luns día 8 de marzo. Os xuvenís, cadetes e infantís iniciarán a competición o 27-28 de marzo mentres que todo o fútbol-8 (alevíns e benxamíns) o fará unha semana máis tarde, do 1-4 abril.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.