Diario dun mercado. Episodio 525

Comezamos un diario capicúa cunha triste nova na portería da Reigosa, pois Isa Martín deixa de ser gardamallas do PM Friol. A súa última participación de curto na provincia foi no VI All Star Futbolinlugo o pasado 28 de xuño. No fútbol masculino, o central Édgar Redondo debutará na Segunda RFEF logo de acadar o […]

Diario dun mercado. Episodio 524

O mercado comeza a semana movido, desde o fútbol profesional ata a Terceira Futgal. A primeira nova é positiva para o fútbol lucense e galego, pois Lucía Pardo regresa á comunidade para xogar no Dépor Abanca. Tras a súa saída do PM Friol, a de Outeiro de Rei xogou no Madrid CFF e acadou unha […]

Diario dun mercado. Episodio 520

Un novo día, e unha nova entrada do noso diario. As novidades de hoxe comezan no fútbol semiprofesional: Rares Mezdrea continuará no Coruxo tras unha gran temporada na Segunda RFEF. O vilalbés con orixe romanés xogou 23 partidos —15 como titular— no seu primeiro ano no Vao. Desde a cuarta categoría nacional saltamos á Primeira […]

A camiseta do All Star pode ser túa

Futbolinlugo pon á venda as camisolas e equipacións protagonistas do VI All Star Futbolinlugo Pastoriza 2026 durante 15 días

O VI All Star, en imaxes: Lugo Norte – Lugo Sur (I)

A histórica remontada do conxunto de Lugo Norte quedou inmortalizada pola cámara do noso Diego Díaz. Lembramos o duelo que abriu a xornada do All Star cunha galería de imaxes para a posteridade. O cadro que dirixían Héctor Expósito e Pili Neira remontou o 0-2 co que se impuxera ao comezo a selección do sur […]

O VI All Star en imaxes: Concursos

Os concursos do pasado sábado no Acebreiro estiveron cargados de emoción, pero tamén de polémica! Lembramos algún momento desa especial tarde cunha galería cortesía do noso amigo Roberto Carreira. Os rebotes Vicepresidencia Deputación de Lugo, o chutómetro Vicepresidencia Deputación de Lugo e o crossbar Vicepresidencia Deputación de Lugo foron un dos momentos favoritos de todos […]

Canario no All Star Futbolinlugo

Mañá e o día do fútbol lucense

Mañá. 16.30. O Acebreiro, Pastoriza. Mañá. Unha nova edición da gran festa do fútbol lucense. Xogadoras, xogadores, corpos técnicos e seareiros —da man de Futbolinlugo— darémonos cita no campo pastoricense para celebrar, un ano máis, o final de temporada. Un ano máis que remata, e unha nova pretemporada que non tardará en comezar. Pero, antes, […]

Nuria Louzao, SD Antas: ‘Imos xogar seis rapazas do Antas, é un orgullo’

Nuria Louzao é unha xogadora All Star. Quere dicir isto que está convocada ao All Star, claro. Pero é unha xogadora All Star diferente. Porque leva tantas convocatorias como edicións. 6 de 6. Pleno absoluto para a futbolista da SD Antas, que vén de culminar unha campaña excepcional co seu conxunto e poñerá o broche […]

Kanu, UD Pastoricense: ‘Continúo co que me propuxeron a min hai moitos anos’

Martín Andión Costa ‘Kanu‘ leva toda unha vida vencellado ao seu club, a UD Pastoricense. Este curso foi un dos xogadores máis destacados do seu equipo e da súa categoría, con moito protagonismo sobre o verde e cinco goles. Eses datos servíronlle para estar convocado ao VI All Star Futbolinlugo, que terá lugar na súa […]

O Monterroso puxo fin a un ano de sobresaínte

Non houbo sorte en Monterroso. Os de Cerdeiriños quedaron ás portas do ascenso á Preferente logo de caer co Juvenil Ponteareas (2-4) nun duelo no que os locais estiveron máis preto da victoria do que reflicte o resultado final. Así, o cadro vermello puxo o punto e final a un ano para a lembranza, pero […]

Coñece aos protagonistas do VI All Star Futbolinlugo

O Acebreiro xa sabe quen serán os protagonistas que se vestirán de curto na tarde do 27 de xuño para deleitar, un ano máis, ao público lucense. Pastoriza tinguirase de gala e desfrutará dos e das futbolistas máis destacados da temporada 2025/2026 para poñer o broche de ouro ao curso na provincia. En primeiro lugar, […]

Faltan cinco días para o VI All Star Futbolinlugo

Dentro de tan só cinco días estaremos no Acebreiro para celebrar, un ano máis, a gran festa do fútbol lucense. Pastoriza agarda polos e polas protagonistas dunha tarde que quere quedar na lembranza. Para os despistados, lembramos o programa da sexta edición do All Star. A sesión comezará ás 16.30 co partido feminino. Un combinado […]

O Guntín asóciase cos penaltis para levantar o título copeiro

O Guntín é o novo campión da Copa Deputación de Preferente e Primeira logo de superar ao Ribadeo na quenda de penaltis que tivo lugar o pasado sábado en Vilalba. Por outra banda, o Monterroso caeu en Ponteareas (3-1) e terá que remontar en Cerdeiriños se quere dar o salto de categoría. Na final da […]

O soño continúa en Cerdeiriños, pero remata en Ribadeo

Toda a vila de Monterroso vive un soño nos últimos días, as rúas están tinguidas de vermello e as conversas nos bares solo falan dunha cousa: o seu equipo está clasificado á final polo ascenso á Preferente logo de remontar diante do Calo (2-0). Pola contra, Ribadeo procurará un ano máis devolver ao seu equipo […]

A promoción deixa sabor agridoce tanto a Monterroso como a Ribadeo

A promoción de ascenso á Preferente Futgal deixou aos representantes lucenses cun sabor de boca amargo. Ningún dos dous conxuntos conseguiu a victoria, pero —ao mesmo tempo— ambos seguen moi vivos na loita pola clasificación á final do playoff. Calo e Gondomar demostraron que son conxuntos moi traballados e que non lles van poñer as […]

Diario dun mercado. Episodio 504

O mercado mantén un ritmo moi alto de movementos, con clubes que seguen a ser protagonistas nesta recta inicial e de novo con moita novidade na Mariña. Así, o Lourenzá incorpora ás súas filas a Jorge Alonso ‘Kun’. O extremo chega á Santa Cruz desde os xuvenís da SD Ribadeo. O Xove quere facer un […]

Diario dun mercado. Episodio 503

O contido de actualización do mercado non está a ser diario, pero practicamente. A temporada 2026/2027 xa está nas miras de moitos conxuntos, como é o caso de Bergantiños. O conxunto de Carballo renovou ao adestrador Simón Lamas para continuar co proxecto na Segunda RFEF. O de Vilalba cumprirá así a súa segunda temporada nas […]

O VI All Star pon en marcha os concursos populares

O VI All Star Futbolinlugo, que terá lugar o vindeiro 27 de xuño no campo do Acebreiro, en Pastoriza, promete ser de novo unha gran festa do fútbol lucense. Tal e como sucedeu en anteriores edicións, o partido feminino dará comezo a unha gran xornada de fútbol e de bo ambiente que terá o seu […]

Diario dun mercado. Episodio 502

O mercado non dá tregua, e aínda estamos no mes de maio. Os clubes que deron por finalizada a súa temporada 2025/2026 xa miran cara o vindeiro setembro, mentres que os futbolistas tamén miran polo seu futuro. Un deles é Diego López: o capitán do Racing Villalbés di adeus ao cadro chairego logo dunha vida […]

O campión de Copa sairá dun Ribadeo-Guntín

As semifinais da Copa Deputación deixaron un domingo vibrante na provincia. As alertas por trebón quedaron nun segundo plano logo da disputa de dous choques que se resolveron de xeito dramático nalgún dos casos: o Guntín deixou fóra ao Monterroso desde os once metros e o Ribadeo superou con contundencia a un dos clásicos da […]