Un mercares máis voltamos coa nosa sección de fútbol feminino. Hoxe será unha sección un pouco máis longa do habitual, dado que os equipos da provincia disputaron non un, senón dous encontros ao longo da fin de semana: un o Xoves Santo e outro o Domingo de Pascua. Porén, non falaremos do PM Friol nin do seu filial, que continúan sen competir polos casos de Covid-19 que apareceron no clube a finais da semana do 22 de marzo. As da Reigosa voltarán ao traballo, se non hai novidades, ao longo desta semana. Ler máis
Redactor - Santi Real
Voltaron as ligas autonómicas de fútbol feminino. Despois de 13 meses sen falar de clubes que non fosen o PM Friol, as autoridades autorizaron o retorno da Primeira Galicia. Nela, a provincia conta con 3 representantes: PM Friol “B”, CD Lugo e SD Antas. A priori, esta sección ía estar moi completa esta semana, pero o destino, caprichoso coma sempre, quixo que nin PM Friol nin o seu filial puidesen xogar por mor da Covid-19. Ler máis
IMAXE DE PORTADA: Web PM Friol
O PM Friol comezou o pasado domingo 21 a segunda fase do Reto Iberdrola nesta 20/21. Nela, as lucenses tratarán de evitar o descenso de categoría. Para iso, terán que quedar entre as 5 primeiras dun grupo composto por Seagull, Athletic “B”, Zaragoza CFF, Sporting de Gijón, CD Parquesol, Pozuelo de Alarcón, RCD Espanyol “B” e UD Collerense, ademáis do propio PM Friol. Ler máis
Os martes adoitan ser o día do fútbol feminino na nosa web. Porén, esta fin de semana, o PM Friol non xogou, xa que comezará a segunda fase do Reto Iberdrola o vindeiro domingo 21 de marzo. Por iso, aproveitamos o parón para facer unha breve lembranza daqueles bos tempos nos que había competición cada semana en todas as categorías. Hoxe, duodécimo repaso da II Guía Futbolinlugo con catro equipos da Terceira Autonómica, todos do Grupo Norte: AD Catro Roldas, SD Cazás, Celeiro Club del Mar e AD Matela. Ler máis
Que bo xeito de chegar á segunda centena desta sección!! Coa reactivación da Preferente, que terá lugar o 21 ou o 28 de marzo, os clubes lucenses comezaron a mover fíos para reforzar os seus cadros de xogadores. E vaia se o fixeron. Os conxuntos da provincia buscaron novos futbolistas noutros equipos das súas comarcas, aproveitando que non haberá competición nas demais categorías. Velaquí as principais novidades! Ler máis
IMAXE DE PORTADA: Twitter PM Friol
O PM Friol afrontaba esta semana o último dos seus retos da primeira fase desta diferente 2020/2021. As de Friol chegaban ao campo do Atlético de Madrid “B”, un dos conxuntos máis sólidos da categoría e que, tras derrotar ás lucenses (4-0) rematou a primeira parte da campaña no primeiro posto. Ler máis
Coincidindo cun novo intento da RFGF de re-activar algunhas das categorías que fai un ano deleitaban aos espectadores cada domingo, lembramos algún dos cadros de xogadores que formaban parte da Terceira Galicia Sur o pasado curso: Sporting Lucense, SD Antas, SCD Milagrosa e SD Castroverde!!!!
Chegou unha nova victoria a domicilio do PM Friol. As da Reigosa asaltaron o campo do Pozuelo de Alarcón (1-3) e deron un golpe de autoridade na loita pola permanencia no Reto Iberdrola. A falta de partidos aprazados por disputarse, as de Friol dispoñen dunha última jornada á que poden chegar con opcións de evitar a liguilla de descenso. Ler máis
Unha vez máis, a Xunta deu o visto bon para que se re-activen as competicións autonómicas, entre eles a Preferente Norte. A pasada semana informábamos neste portal web do formato que se adoptará na categoría: participación voluntaria, dous ascensos e ningún descenso. A RFGF deixou aos clubes unha marxe de algo máis dunha semana para decidir que farán. O vindeiro venres 26 ás 23:59 horas rematará a inscrición. Ler máis
IMAXE DE PORTADA: Web PM Friol
Non puido ser. O PM Friol chegaba este domingo á Reigosa coa intención de conseguir a terceira victoria consecutiva e saír do último posto da clasificación. O seu rival, o Sporting de Gijón, perseguía os tres puntos para afastarse das lucenses, rivais directas pola permanencia. Finalmente, as asturianas superaron ás locais por 3-4. Ler máis
IMAXE DE PORTADA: Web CD Lugo
Fai practicamente un ano, o CD Lugo Feminino xogaba o seu último partido na Segunda Galicia. O clube, que se debutaba na 2019/2020, completou un (medio) ano case perfecto e conseguiu chegar a aquel fatídico venres 13 de marzo no primeiro posto da categoría. Esta situación acabouse traducindo no ascenso á Primeira Galicia meses despois, trala suspensión definitiva das categorías autonómicas. Ler máis
IMAXE DE PORTADA: Twitter PM Friol
Boas novas no fútbol feminino. Mentres semella que os datos da terceira ola da covid-19 comezan a descender na Galiza, o PM Friol fai o contrario e sube coma un foguete. Este domingo, superaron por 0-1 ao Madrid CF “B”, resultado que serve ás da Reigosa para achegarse ás súas rivais e ter todavía opcións de entrar na fase de ascenso (evitando, por tanto, o play-off de descenso). Ler máis
O 2020 foi un ano raro, pero 2021 non se está a quedar atrás. Todos os días aparece unha novidade que, en maior ou menor grado, sorprende á poboación. O mundo do fútbol, caprichoso, tamén esta a deixar inesperadas novas. Ler máis
Hoxe sábado lembramos con morriña os tempos nos que tocaba andar de campo en campo cada domingo. Continuamos a dixitalizar o arquivo da nosa II Guía Futbolinlugo, e repasamos os cadros de xogadores de catro clubes da Primeira Galicia: SD Burela, UD Pastoricense, CD Castro e SDC San Roque! Ler máis
A pasada semana deixounos unha gran nova: a primeira victoria do PM Friol no 2021. Pero tamén deixou malas noticias: cando xa semellaba que botarían a andar, a Xunta prohibiu as competicións autonómicas, como a Primeira Galicia Feminina, onde competirían PM Friol “B”, SD Antas e CD Lugo. De momento, porén, terán que agardar. Ler máis
O conto de nunca acabar. O 8 de marzo de 2020, os clubes lucenses de Preferente xogaron o último partido ata o día de hoxe. A RFGF, deseosa de revertir a situación, decidía fai apenas unha semana que a Preferente Norte comezaría de novo o 31 de xaneiro de 2021. Porén, despois de dar o visto bon aos protocolos, a Xunta de Galicia decidiu suspender as competicións deportivas “amateur” . Ler máis
Foto de portada: Web PM Friol
O PM Friol está a pasar un ano difícil. Durante a primeira volta do Reto Iberdrola, o conxunto lucense non acadou os resultados agardados e, como consecuencia, remataron o ano 2020 en postos de descenso. Entre outras cousas, esta situación levou ao clube a destituir a Abraham García e buscar un sustituto. Desde A Reigosa traballouse arreo para asinar a un novo técnico, con experiencia no fútbol nacional e en distintas categorías do fútbol feminino, Jose Manuel González “Ponfe”, oriundo de Ponferrada -o que lle da o seu apodo-. Ler máis
O 2020 remataba accidentado para o PM Friol: resultados que non chegaban, un adestrador destituido, un presidente collendo as rendas do equipo… pero a perspectiva do ano novo era optimista. De feito, o clube lucense xa conseguiu un novo adestrador, Jose Manuel González “Ponfe”. Ler máis
A temporada 20/21 será recordada pola súa brevidade. Ademáis, tamén quedará na nosa memoria porque -a priori- no fútbol afeccionado masculino tan só se disputarán a Terceira División e a Preferente, ambas divisións con modificacións no formato de competición ao que estabamos afeitos fai pouco máis dun ano. Ler máis
Onte, primeiro de ano, coñeciamos a decisión final dos clubes lucenses da Preferente e a Primeira Galicia con respecto a competir na 20/21. Na provincia de Lugo, todos os representantes da Preferente Norte confirmaron a súa participación, mais na Primeira tan só 8 clubes apuntáronse para competir. Ler máis