Analizamos aos rivais dos lucenses nas promocións

Chegou o momento de promoción de ascenso para os equipos lucenses. Logo da temporada regular, catro conxuntos masculinos abordan as eliminatorias que determinarán a categoría na que competirán o vindeiro curso: Residencia e Castro optan á Preferente, mentres que Riotorto e San Roque queren voltar á Primeira Futgal. A Residencia, 2º clasificado do Grupo 3 […]

Os Máxicos poñen punto e final á temporada regular

Derradeira xornada de liga para uns Máxicos que, nalgún caso, acadaron os obxectivos. Outros xa preparan a próxima temporada con moita ilusión e coas metas claras. A SD Chantada gaña pero sae de baleiro de Cerdeiriños (1-3). Os visitantes controlaron o xogo desde o comezo e Pulpix adiantou aos seus cun gran cabezazo á saída […]

Drama asegurado no Arturo Pereiro

O Arturo Pereiro alberga mañá, domingo, ás 12.00, un dos duelos máis relevantes da xornada na Primeira Futgal. O cadro local, o CD Castro de Dumi, mídese ao Pastoricense que dirixe Juanma, amigo persoal do técnico vermello. O derbi non supoñerá tan só 3 puntos e un partido de máxima rivalidade, senón que ambos conxuntos […]

Os Máxicos xa teñen campión

Os Máxicos da 24/25 viron o pasado domingo como o Burela se facía co título de liga. Ademais, o Oural conseguiu unha importante victoria de cara á permanencia. A SD Burela é novo equipo de Preferente tras vencer no Sangoñedo (0-1). Un gol de Mauro nunha xogada de estratexia quedará na memoria de todos os […]

O partido en imaxes: Outeiro de Rei – Monterroso (2-1)

Roberto Carreira ofrécenos hoxe as mellores imaxes do duelo da Primeira Futgal no que se enfrontaron Outeiro de Rei e Monterroso, que se saldou cunha importante victoria para o cadro de Aarón Sánchez.

Os Máxicos aínda agardan campión

Os Máxicos Salvatierra ultiman as súas opcións en cada unha das loitas que se están a librar na provincia. A SD Chantada domina e somete ao Foz (8-2). Os Máxicos locais levaron a iniciativa desde o comezo e, aínda que o Foz igualou cun gol olímpico de Chao o tanto inicial de Michi, os chantadinos […]

Un só partido para resumir unha temporada

90 minutos, 1 partido. Chegou o día decisivo para Corgo, Sarriana ‘B’, Matela e Abadín. Tan só dous deses catro conxuntos competirán a próxima temporada na Segunda Futgal: os que superen a eliminatoria polo ascenso, da que tan só resta o duelo de volta da final. Na parte norte da provincia, o Abadín chega a […]

Os Máxicos de 2025 rematarán en tres xornadas

A Primeira Futgal, protagonizada polos Máxicos Salvatierra Abogados, está chegando a súa fin. Tan só restan 3 domingos para poñer punto e final á temporada 2024/2025, na que aínda se manteñen moi vivas tres loitas: o ascenso directo, a promoción á Preferente e o descenso á Segunda Futgal. A Milagrosa paga o madrugón na casa […]

Tan só restan catro xornadas nos Máxicos

Salvatierra Abogados presenta unha nova edición dos Máxicos, que ultiman as súas opcións para acadar os obxectivos da temporada. O Burela gaña no Luis Pallín para achegarse ao ascenso (0-2). O tempraneiro gol de Adri logo de gañarlle as costas á liña defensiva rival puxo as cousas de cara ao Burela, que despois pasou a […]

O partido en imaxes: Sporting Lucense – Sarriana ‘B’ (0-1)

O noso amigo Róber Carreira deixounos as mellores imaxes do duelo entre o Sporting Lucense e o filial da Sarriana, que se saldou coa victoria dos sarriáns e coa súa clasificación para a final polo ascenso á Segunda Futgal. As imaxes da clasificación da Sarriana ‘B’ á final polo ascenso

Os Máxicos seguen en cadansúa loita

Salvatierra Abogados patrocina unha nova xornada dos Máxicos, na que os clubs da provincia mantiveron as esperanzas para acadar os obxectivos. A Residencia non falla diante do Taboada (3-1). Os locais conseguiron o 1-0 moi cedo, por medio de Rasilla, e dominaron o balón e o xogo. Porén, os axustes visitantes no descanso melloraron ao […]

O bo facer do Pol permítelle soñar

O Manuel Luna de Pol está a vivir un ano moi especial. O debut na Preferente do cadro vermello vaise pechar, como mínimo, cun notable. Porén, os de Labrada e Teipa queren chegar ao sobresaínte, e aínda están a tempo. A boa xeira de resultados do conxunto o sitúan a tan só 7 puntos da […]

Os Máxicos seguen dando guerra na Primeira

Unha semana máis, os Máxicos Salvatierra Abogados ofreceron un domingo de bo fútbol, con moita igualdade e intensidade, tal e como anticipamos na nosa previa. Oural e Racing Villalbés ‘B’ abriron a xornada cunha igualada (1-1). Os Máxicos sarriáns foron superiores ao longo da primeira metade, con ata 4 ocasións claras que non conseguiron anotar. […]

A 28ª xornada da Primeira Futgal, a análise

Os Máxicos da Primeira afrontan a recta final da temporada con obxectivos claros no punto de mira. Hai quen procura o ascenso directo, mentres que outros conxuntos buscan salvar a categoría. Este último é o caso do Outeiro de Rei, que visita o feudo do San Lázaro co reto de saír da zona de descenso. […]

Os Máxicos seguen con alto ritmo de competición

Nova xornada para uns Máxicos que están preto do final de temporada e non queren renunciar a nada. Salvatierra Abogados cóntanos todos os detalles da fin de semana A Milagrosa cae no feudo do Chaín (2-0). Os Máxicos de Madriles chegaron ao concello de Gondomar co obxectivo de manter a dinámica positiva, pero o bo […]

A última bala do San Lázaro, unha boa oportunidade para o Pastoricense

O Acebreiro vivirá unha auténtica batalla este domingo ás 16.30, que pode ser a última opción do San Lázaro para engancharse á loita pola permanencia na Primeira. Os locais, o conxunto do Pastoricense, reciben a un cadro celeste que chega na última posición da Primeira Futgal. Os da Ponte precisan así tres puntos se queren […]

Máxicos que se achegan aos obxectivos, e outros que se afastan

Os Máxicos Salvatierra Abogados chegan co resumo do mellor que aconteceu nunha xornada na que o Burela se fixo máis líder, o Outeiro estreou técnico con victoria e a Milagrosa saiu do descenso. A Milagrosa gaña a un rival directo e sae do descenso (2-1). Os Máxicos de Madriles sabían da importancia do duelo, froito […]

O Burela volve coller vantaxe nos Máxicos

A fin de semana tras o Entroido nos Máxicos da Primeira deixou ao Burela como líder máis destacado logo da derrota da Residencia, mentres que a victoria do Oural afunde ao Outeiro de Rei en postos de descenso. Todo, da man de Salvatierra Abogados. O Racing Villalbés ‘B’ reatópase coa victoria diante do Pastoricense (2-0). […]

O partido en imaxes: Milagrosa – Gondomar (1-2)

A Milagrosa plantou cara en Frigsa a un dos líderes do grupo 6 da Primeira Futgal. Logo dun tempraneiro gol local, os pontevedreses deron a volta ao electrónico no comezo da segunda metade. Hoxe presentamos as mellores imaxes do duelo entre os de Madriles e o Gondomar, da man do noso amigo Roberto Carreira.

Os Máxicos aumentan en igualdade co paso das semanas

Salvatierra Abogados segue con nós para ofrecernos os primeiros Máxicos do mes de marzo, cunha Residencia intratable e un San Lázaro afundido. O San Lázaro non mantén a boa imaxe e cae diante da Residencia (0-3). O bo fútbol dos de Rafa Casanova pasou por riba do cadro da Ponte na primeira media hora de […]