#All Star Futbolinlugo #Social

Mañá e o día do fútbol lucense

Canario no All Star Futbolinlugo

Mañá. 16.30. O Acebreiro, Pastoriza. Mañá. Unha nova edición da gran festa do fútbol lucense. Xogadoras, xogadores, corpos técnicos e seareiros —da man de Futbolinlugo— darémonos cita no campo pastoricense para celebrar, un ano máis, o final de temporada.

Un ano máis que remata, e unha nova pretemporada que non tardará en comezar. Pero, antes, o merecido recoñecemento a todos os que fixeron posible a campaña 2025/2026. Recoñecemento necesario para todos os que entregan gran parte do seu tempo ao fútbol lucense, a facer comunión dentro e fóra dos seus vestiarios. Para todos os que renuncian a moitas outras cousas por amor a un deporte e a unhas cores. Recoñecemento para os que o fixeron e para os que o fan. Alento para os que o farán e manterán vivo o fútbol da nosa provincia.

Mañá comezaremos co partido feminino. Xa sabedes, Lugo Norte contra Lugo Sur no que se prevé o duelo máis igualado de todas as edicións. 16 futbolistas convocadas en cada conxunto, pero co traballo de todas as súas compañeiras, directivas e adestradoras detrás. Sen o traballo diario e o compromiso de todas elas, o partido de mañá non tería sentido. Por iso, convidámosvos de novo a estar con nós, celebrando e recoñecendo un éxito colectivo.

Mañá recoñeceremos o traballo e os méritos do colectivo do fútbol lucense

Despois é a quenda dos xogos populares. Competide, loitade polo premio, ride con nós. Ben o merecemos despois de tantas horas de traballo, de tantas tardes no verde, de tantos adestramentos e de tantos partidos. BMS xa deixou claro que conta coa mellor tecnoloxía, agora tan só vos queda comprobalo.

No partido masculino temos 36 protagonistas. Pero, de novo, as representacións individuais dentro dun deporte de equipo non son máis que cargos, temporais, que recoñecen o traballo de todo un grupo. Vide cos vosos compañeiros, mañá xogadores, celebrade con eles e con nós. Non é que vos convidemos a ser partícipes, e que xa sodes todos partícipes.

En calquer caso, gracias a todos os que integrades o fútbol lucense. Gracias por todo o que facedes por manter vivo Futbolinlugo e a súa esencia. Se queredes celebralo con nós, xa sabedes onde atoparnos mañá.

Cartel do VI All Star Futbolinlugo protagonistas
mañá

A camiseta do All Star pode ser