Ramón consegue a primeira imbatibilidade da tempada

Foto de portada: Carlos Castro A oitava xornada da Terceira deixou ao Viveiro como vencedor do derbi. O Polvorín reivindicouse no duelo de filiais. Os #LucensesNaTerceiraGalega seguen contando con protagonismo e algún mellora as súas prestacións. Os triunfadores:  O porteiro Ramón foi titular na portería do Fisterra por segunda semana consecutiva. Conseguiu o seu primeiro […]

Javi Varela (Racing Villalbés): «Nunca estiven tanto tempo sen xogar»

Na seguinte entrevista falamos cun dos xogadores máis destacados do Racing. O lucense Jose Varela suma xa… Non, non! Jose non é. Supoño que esta confusión lle pasou algunha vez a moita xente do fútbol lucense. É Jose ou Javi? A dúbida resólvese case sempre dentro do terreo de xogo. Co dorsal as costas e […]

Eimil volve ao once e destaca no regreso á vitoria do Arenteiro

Foto de portada: CD Arenteiro A sétima xornada da Terceira deixou dúas vitorias conseguidas pouco antes de que soase o chifre. O Racing Villalbés e o Polvorín gañaron os seus encontros como locais. No cadro chairego con tres goleadores da provincia. Non tivo unha boa tarde o Viveiro ante o Arzúa. Quen si se luciu […]

Mini: «O fútbol campo aporta ao sala e viceversa»

Botas ou zapas. Carreiras de fondo ou fintas. Herba ou parqué. Fútbol campo ou fútbol sala. E se cambiámola conxunción “ou” por un “e”?. Compatibilizar era o verbo preferido nos últimos anos por Carmen Ceide Villar ‘Mini’ (18-05-1995, Lugo). Un dos varios exemplos existentes na provincia de Lugo desa relación tan estreita entre practicar o […]

Villares guía ao Fabril na segunda vitoria da tempada

Foto de portada: RC Deportivo A sexta xornada da Terceira estivo marcada outra vez pola incidencia da Covid. O Polvorín e o Viveiro non puideron xogar os seus respectivos partidos. A nota positiva deuna o Racing Villalbés co seu triunfo en Santa Isabel. Os encontros aprazados tamén influíron en máis #LucensesNaTerceiraGalega. Aínda que algúns dos […]

Jorge Méndez: «Entendo as protestas no campo dentro dunha orde»

Dende hai un tempo, sempre que penso nos árbitros de fútbol, unhas palabras roldan a miña cabeza: «[…] Así a todo, non aspiramos a acadar a verdade absoluta nin pretendemos erradicar a crítica construtiva e respectuosa, non negamos a existencia do erro nin podemos prometer que non existirán máis. Ogallá fose posible conseguilo, mais somos […]

Relevo lucense no liderado do grupo B da 3ª División

Foto de portada: @CDChoco A quinta xornada da Terceira tampouco deixou vitorias na provincia. Ao Racing escapóuselle no último intre, ao Viveiro non lle validaron o gol que marcou na Porta Santa e o Polvorín cometeu falta dende onde non falla Pablo Rey. Iso si, temos o primeiro goleador destacado lucense. O dobrete de Santi […]

Brais Prieto e Luis Pernas debutan en Terceira División

A cuarta xornada da Terceira Galega non foi positiva para os equipos da provincia. Nin o Viveiro, nin o Racing Vilalbés, nin o Polvorín conseguiron puntuar. En cambio, si que foi unha boa fin de semana para varios dos #LucensesNaTerceiraGalega. Dúas estreas na división, un gol que vale un punto e un novo líder con […]

Villares e Xusto, reencontro no derbi da Grela

Foto de portada: Carlos Castro A terceira xornada da Terceira Galega deixou dez goles marcados polos equipos lucenses. Mágoa que un dos partidos foi un derbi. O Polvorín tivo o día ante o Viveiro na súa estrea ligueira. Aínda que Xaime non faltou á cita co seu golazo de falta directa. Goles con acento lucense […]

Adestrador@ no fútbol base: afección ou profesión?

A pandemia modificou a vida de todas e de todos. A situación está sendo difícil a nivel sanitario. Pero tamén no aspecto laboral e no social. Foron moitos os empregos que xa se viron afectados ou que están en dúbida no curto prazo. Moitos deles traballos nos que se «gozaba» dunha certa estabilidade. Ou polo […]

Ramón Rodríguez saca de porta na súa etapa no Lemos

Ramón, titular na volta do Fisterra á Terceira División 38 anos despois

Foto de portada: Facebook Club Lemos A segunda xornada da Terceira Galega deixa sensacións moi distintas nos equipos lucenses. Por unha banda, o Viveiro é o líder do grupo norte. Logo da súa vitoria en Fisterra con protagonismo goleador para os irmáns Tichu e Xaime. Por outro lado, o Racing Vilalbés e o Polvorín non […]

Abraham Gacía (PM Friol): «Queremos que as xogadoras asuman o concepto de profesionais»

Foto de portada: Carlos Maira Aos poucos vai volvendo a actividade futbolística a provincia. Polo de agora só naqueles equipos que teñen certa dependencia estatal. Por incrible que siga parecendo, o PM Friol goza desa presenza na segunda categoría do fútbol feminino español. Esta campaña tan diferente preséntase tamén con cambios na Reigosa. Abraham García […]

Aldán Naval e Jorge Méndez estréanse en Terceira

A primeira xornada da Terceira Galega deixou puntos nos equipos lucenses. O Viveiro gañou na súa reestrea na categoría e o Vilalbés empatou ante o conxunto máis lucense de fóra da provincia. O Arzúa será un dos protagonistas habituais desta nova sección que estreamos, #LucensesNaTerceiraGalega. Repasamos como lles vai, xornada a xornada, aos xogadores lugueses […]

Chusky (Viveiro CF): «Cambiaba calquera cousa da pretempada por recuperar aos lesionados»

O mar estaba en calma en San Cibrao. Paradoxicamente o risco de afogamento do lugar vai en aumento. A Mariña segue pedindo solucións. As máscaras non calan aos traballadores e traballadoras de Alcoa e das empresas auxiliares. Demandan feitos por parte das institucións. Un chaleco salvavidas para que siga respirando toda unha comarca. Jesús Gómez […]

Simón Lamas (Racing Vilalbés): «Os xogadores da zona teñen que xogar no Racing»

Volven os luns que doen menos. E non porque sexa festivo. Senón porque xa se comeza a semana pensando na finde. E que a finde, se non hai cousa de novo, volve a competición oficial a provincia. Cunha gran nube de incerteza e un sol de ilusión. Aínda que xa sabemos que é tempo de […]

Jacob Maseda (Viveiro CF): «Quero estar convencido de que estou para xogar»

Ás veces podémoslle botar a culpa a mala sorte. Outras ao destino. Ou simplemente a que a “a vida é así”. O que non debemos é resignarnos. Sempre temos que buscala esperanza. Desta filosofía sabe algo o noso protagonista. Unha vez máis a sombra das lesións volve as pernas de Jacob Maseda Veiga (29-12-1995, Foz). […]

LP e Fanny Varela, elixidas no once ideal galego da pasada temporada

O fútbol galego medra e o lucense tamén. Así o acredita a Revista de Fútbol Feminino Galego, referente no seguimento do futfem. Aínda que foi unha tempada inacabada, a publicación galega organizou unha campaña máis a elección das mellores do curso. Elaborou o Once Ideal Galego Absoluto, o Once Ideal Promesa e o Once Ideal […]

Máis do 50% dos equipos lucenses van pedir o adiamento do inicio das competicións

Os clubs de Lugo levan días debatendo sobre o inicio das competicións. O tema céntrase en cando debera comezar a temporada nestes tempos de pandemia. Varios equipos doutras zonas de Galicia xa lle manifestaron por escrito a Real Federación Galega de Fútbol que se opoñen a que os partidos comecen xa. Agora semella que varios […]

Das San Lucas ao inicio da Primavera; a 1ª fase da 3ª xa ten almanaque

Este xoves sorteouse o almanaque da primeira fase da nova Terceira Galega. A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Compostela foi o lugar onde se desenvolveu o sorteo. A competición comeza a finde das San Lucas cun formato renovado. Os tres representantes lucenses están encadrados no subgrupo 1A. A primeira fase do campionato […]