Villares guía ao Fabril na segunda vitoria da tempada

Foto de portada: RC Deportivo

A sexta xornada da Terceira estivo marcada outra vez pola incidencia da Covid. O Polvorín e o Viveiro non puideron xogar os seus respectivos partidos. A nota positiva deuna o Racing Villalbés co seu triunfo en Santa Isabel. Os encontros aprazados tamén influíron en máis #LucensesNaTerceiraGalega. Aínda que algúns dos que puideron xogar fixérono ao grande. É o caso de Diego Villares.

O capitán de Abegondo:

O Fabril volveu ao camiño da vitoria. Non gañaba dende a primeira xornada. O cadro adestrado por Valerón derrotou o As Pontes. Un dos protagonistas da vitoria foi Diego Villares. O futbolista de Samarugo foi o encargado de marcar o primeiro gol dos seus. Anotou por segunda xornada seguida. Villares xogou o partido completo e aséntase como un dos fixos do filial branquiazul.

Os triunfadores: 

A provincia continúa tendo representantes nos conxuntos que lideran cadanseu grupo da Terceira Galega. O Somozas mantense na cabeza do sur. Derrotou ao Paiosaco no Manuel Candocia. O viveirense Aldán Naval volveu contar con minutos. Foi o encontro no que tivo maior participación. Xogou media hora xunto co seu compañeiro Juan Martínez. Entraron no campo por Marcos Álvarez e David Rojo.

No grupo B o Arousa regresou ao máis alto. Aproveitou que o Choco non xogou para volver posicionarse no primeiro posto. Derrotou como visitante ao Pontellas. Martín López Ross foi titular, pero foi trocado no descanso. O lucense tiña un cartón amarelo do primeiro tempo.

O partido con máis lucenses: 

O céspede de Santa Isabel foi o lugar onde esta fin de semana houbo máis lucenses nun campo galego. Dez xogadores da provincia tiveron minutos co Racing Villalbés ao longo dos 90 minutos. O peor parado foi Javi Varela. O mediocentro retirouse do terreo de xogo santiagués por lesión.

Tamén houbo boa representación da provincia no céspede do Arasolis. Cinco lucenses participaron no Fisterra 1-1 Arzúa. O colexiado Jorge Méndez López dirixiu o partido asistido nas bandas por Alberto Blanco Méndez e Adrián Fernández Teijido. Adeamais xogaron todo o partido no Arzúa tanto Álex Vázquez como Pedro Delgado. O chantadino regresou a titularidade. No cadro fisterrán o gardamallas Ramón non tivo minutos.

En tres protagonistas quedou a participación lucense no Arenteiro 0-0 Alondras. O encontro foi arbitrado por David Pereira Ferreiro, Adrián López Bermúdez e Álvaro Valín González. O vilalbés Víctor Eimil non contou con minutos no Arenteiro.

Partidos aprazados con futbolistas lucenses: 

Bergantiños – Polvorín

Viveiro – Silva

Choco – Atios

 

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario