Brais Prieto e Luis Pernas debutan en Terceira División

A cuarta xornada da Terceira Galega non foi positiva para os equipos da provincia. Nin o Viveiro, nin o Racing Vilalbés, nin o Polvorín conseguiron puntuar. En cambio, si que foi unha boa fin de semana para varios dos #LucensesNaTerceiraGalega. Dúas estreas na división, un gol que vale un punto e un novo líder con protagonismo lugués.

Pouco tempo, pero estrea ao grande:

Brais Prieto pasou pola base do CD Foz e do CD Lugo. En sénior xogou no CD Foz e no Ribadeo. Este curso chegoulle a oportunidade na 3ª

Brais Prieto tivo os seus primeiros minutos na Terceira División. O futbolista de Frexulfe (O Valadouro) saíu nos últimos intres ao céspede de Abegondo. Entrou en substitución de Iker Hurtado. Xusto despois de que o Arzúa marcase o gol que lle daba a vitoria ante o Fabril.

Tres puntos importantes para o conxunto arzúan dos que tamén parte Álex Vázquez dende o terreo de xogo. O lateral esquerdo xogou o encontro completo. En cambio, non tivo minutos Pedro Delgado.

No Fabril xogou todo o partido Diego Villares. O cadro fabrilista suma cinco puntos neste comezo de temporada.

O partido con máis lucenses:

O duelo entre o Viveiro e o Somozas foi onde máis lucenses houbo sobre o campo. Aínda que Aldán Naval non gozou de minutos no cadro de Ferrolterra. O viveirense non puido saltar de novo en encontro oficial a Cantarrana. No conxunto celeste participaron trece xogadores da provincia. Entre eles, Luis Pernas. O xuvenil de segundo ano tivo os seus primeiros minutos na categoría. O burelao entrou no minuto 78 por Uriol.

No choque das Eiroas tiveron protagonismo once lugueses. No Racing participaron dez futbolistas da provincia ao longos dos 90 minutos. E no Bergantiños volveu contar con presenza Iago López. Entrou no minuto 74 por Abel Martínez. Por molestias físicas non fora da partida ante o Arzúa, despois de dúas titularidades consecutivas.

Pola súa banda, no Polvorín tiveron minutos cinco lucenses no seu encontro ante o As Pontes.

Os triunfadores:

É a segunda temporada de Xusto no Silva despois do seu paso polo Racing Vilalbés

Xusto marcou un gol que supuxo a consecución dun punto para o Silva. O gol do central focense puxo por diante ao cadro coruñés ao inicio do encontro. Máis adiante, o Estudiantil Vista Alegre sería quen de empatar. Xusto volveu completar todo o partido por cuarta xornada seguida.

O Arousa de Martín López Ross é o novo líder do Grupo B. O equipo de Vilagarcía derrotou ao Barco con Ross xogando todos os minutos. Ademais en Calabagueiros houbo trío arbitral lucense. David Pereira Ferreiro foi o encargado de impartir xustiza asistido por Alberto Blanco Méndez e Adrián Fernández Teijido.

Ver esta publicación en Instagram

@centrodeportesbarco Vs @arosa_sc David Pereira, Alberto Blanco e Adrián Fernández

Una publicación compartida de CTA_LUGO (@cta_lugo) el

O Choco de Alberto Suárez segue na boa liña. Conseguiu a vitoria no Couto ante o Ourense CF. O ‘6’ do conxunto choqueiro completou o partido enteiro.

Víctor Eimil volveu a titularidade no Arenteiro. O futbolista vilalbés volveu formar parte do once de partida logo da primeira xornada. O Arenteiro igualou sen goles ante o Atios e Eimil foi un dos xogadores destacados no Trío de Ases da Xornada en Futbolinourense. Igual ca acontecera na súa anterior titularidade.

O gardamallas Ramón foi suplente na primeira vitoria do Fisterra, O adestrador Jaime Sánchez deulle a oportunidade a Julián Couto ante o Paiosaco. O meta soberino fora titular nas dúas primeiras xornadas.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario