Eimil volve ao once e destaca no regreso á vitoria do Arenteiro

Foto de portada: CD Arenteiro

A sétima xornada da Terceira deixou dúas vitorias conseguidas pouco antes de que soase o chifre. O Racing Villalbés e o Polvorín gañaron os seus encontros como locais. No cadro chairego con tres goleadores da provincia. Non tivo unha boa tarde o Viveiro ante o Arzúa. Quen si se luciu foi un dos #LucensesDaTerceiraGalega. Víctor Eimil regresou ao grande ao once titular do Arenteiro.

Correndo a banda do Couto:

O Arenteiro volveu ao camiño do triunfo logo de catro xornadas empatando. Derrotou ao UD Ourense nun partido que tivo que remontar. Un dos protagonistas foi o vilalbés Víctor Eimil. O lateral dereito tivo gran incidencia no ataque do cadro preparado por Fran Justo. E provocou o penalti que transformou Javi Pazos para consolidar a vitoria do conxunto do Carballiño. Eimil foi un dos destacados do Trío de Ases de Futbolinourense.

Os liderados seguen sendo cousa deles:

No grupo B o Arousa mantense no máis alto. Sumou a quinta vitoria da tempada ante o Atios. Martín López Ross xogou o partido o completo. No Grupo A o Somozas encabeza a clasificación. Derrotou por unha diferenza de dous goles ao Silva. Sexta vitoria do curso. O viveirense Aldán Naval entrou de novo no tramo final do encontro. Cando o resultado xa era de 0-2. El máis Dani Bellas substituíron a Luis Chacón e Marcos Álvarez. No Silva destacamos a presenza durante todo o partido do focense Xusto.

O partido con máis lucenses:

Marino marcou o seu primeiro gol en 3ª. Non o conseguira na súa anterior etapa na categoría co CD Castro

Quince xogadores participaron esta fin de semana no Viso. O Viveiro saíu cun once plenamente lucense. E tres xogadores da provincia entraron de refresco. Non obstante, non foi o día dos pupilos adestrados por Chusky. O conxunto local encauzou o partido moi cedo. Xogou todos os minutos no Arzúa o chantadino Pedro Delgado. Saíu do once Álex Vázquez nesta xornada e Brais Prieto tampouco gozou de minutos.

Once futbolistas citáronse na Magdalena. Dez deles participaron na remontada do Racing ante o Fisterra. Ademais con tres goleadores lucenses. Cuadrado, Santi Gegunde e Marino que se estreou como goleador co equipo preparado por Simón Lamas. Gegunde segue sendo o máximo anotador lucense da categoría. A remontada do Villalbés pagouna especialmente o gardamallas visitante Ramón. O porteiro soberino volveu a titularidade logo de xogar nos dous primeiros encontros. E aínda tivo algunha intervención de mérito antes de que os locais conseguisen poñerse por diante no marcador.

O Polvorín atopouse co gol nos últimos intres do seu duelo ante o Paiosaco. Catro xogadores lucenses partiron no once de Álex Ortiz.

Martín é un dos fixos no esquema de Álex Ortiz

Máis lucenses:

Un dos grandes partidos da xornada era o Bergantiños – Fabril. O conxunto de Carballo gañou pola mínima. Sen Iago López que continúa recuperándose da súa lesión. No filial branquizaul volveu gozar de protagonismo Diego Villares. O capitán xogou todos os minutos. Pola súa banda, Alberto Suárez tamén foi da partida no Choco ante o Estradense. O conxunto redondelán só puido igualar na Estrada.

O chifre lucense:

Jesús López Fernández foi o encargado de impartir xustiza en Calabagueiros. O segundo encontro que arbitra nesta campaña na categoría. Estivo asistido por Adrián López Bermúdez e Jesús Adán Gallego.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.