cabreiros_xermade

Dani Rebolo: «Se non podo compaxinalo, prefiro non enganar a ninguén»

Ascender de categoría no primeiro ano como adestrador non está o alcance de calquera. Daniel Loures Pico ‘Rebolo’ (As Pontes, 23/08/1988) conseguiuno na súa estrea no banco do CD Xermade. Subiu á Primeira Rexional cos xogadores que eran compañeiros de vestiario no curso anterior. Un descenso por arrastres levou ao cadro xermadino de novo a […]

Diario dun mercado. Episodio 186

Os equipos lucenses da Terceira xa coñecen a proposta da Real Federación Galega de Fútbol sobre a división da categoría. A idea sería crear dous subgrupos seguindo criterios xeográficos. Se finalmente se leva a cabo, o Racing Vilalbés, o Polvorín e o Viveiro competirían xuntos. Á espera de como se aplicará definitivamente este criterio, os […]

Lourido (Meira CF): «Era o momento de vir para o Meira»

Dende o século pasado no mesmo equipo. Cada semana subindo o Marco de Álvare dirección A Veiga. Correndo a banda e liderando un vestiario. Xosé Xesús Lourido Fernández ‘Lourido’ (Meira, 08-05-1978) puxo fin neste verán a unha etapa de 21 temporadas no CF Riotorto. Un ascenso frustrado, dúas Copas que se escaparon no último partido, […]

Álex Varela (SD Chantada): «Isto acaba de empezar; tres anos non son nada»

Os seus temas xa resoan pola Ribeira Sacra. As súas primeiras decisións dende un banco manteñen vivo un proxecto. Para Álex Varela (10-11-1998, A Barrela – Carballedo) o fútbol e a música son dúas das súas paixóns. Polo de agora comeza a coller experiencia nos dous ámbitos dende a casa. Colgou as botas moi cedo […]

Diario dun mercado. Episodio 160

O mes de xuño está a piques de rematar case que coa mesma incerteza coa que comezou. Sobre todo, no tocante ao posible retorno das competicións provinciais de cara o curso que vén. Non obstante, as novas do mercado seguen sendo protagonistas. Unha lucense continuará xogando ao fútbol por todo o noroeste de España. A […]

Covi Regueiro (PM Friol): «Non cremos nas xogadoras ascensor»

A resolución das competicións xa é un tema pasado. A maioría dos clubs xa miran con ilusión a idea de volver comezar e esquecerse desta primavera 2020. Non obstante, a incerteza aínda manda no ambiente. E no futuro haberá que asumir as consecuencias precisamente da resolución das ligas. A diferenza, por exemplo, da Terceira Rexional […]

Había alternativas? Representantes do Friol B, Comercial e Rioaveso opinan

O futuro da Terceira Rexional é agora unha das grandes incógnitas no fútbol lucense. Despois da medida optada para rematar as ligas por mor da Covid, cada vez quedan menos equipos en cadanseu grupo. Tres ascensos en cada un deles e sen ningún descenso. Deixarían en 8 equipos como máximo en cadansúa zona. E o […]

Había alternativas? Os adestradores do Lemos B, Sober e Carballedo opinan

Foto de portada: Mariluz Fagín A temporada 19/20 xa é sabido que rematou sen acabar no fútbol provincial. A Real Federación Galega de Fútbol optou por manter practicamente o mesmo sistema impulsado pola RFEF no fútbol non profesional. A regra xeral foi a consumación dos ascensos tal e como estaba a clasificación despois da fin […]

Andrea Mirón: «Sei que algún día volverei ao Friol»

Comezan a chegar as primeiras novidades no PM Friol. Andrea Mirón e Natalia Loa non continúan no proxecto friolés. A  pontevedresa afíxose ben ao interior; aínda que ela é moito máis de praia. No 2019 conseguiu a medalla de ouro coa selección española de fútbol praia nos Primeiros Xogos Mundiais de Area. Nese momento, Andrea […]

Alberto López: «O Arzúa tentouno, pero non deron chegado a miña petición»

Unha temporada acabada sen rematar. Á espera dun play off express con dúbidas de se se vai xogar. O certo é que a Terceira Galega parou cando quedaba moito por resolver. Iso si, detívose cun equipo revelación que o levaba sendo toda a temporada. O CSD Arzúa entrou case que do mellor xeito posible a […]

Carmen Méndez: «Hai que gañar ata nas pachangas»

Foto de portada: Photoaileen En Madrid coñecíana por Galle. Meteuse en moitos fogares galegos como Rita. Pero ela é Carmen Méndez (Neira de Rei – Baralla, 1979). É ese nome engloba moito. Enxeñeira química de formación, directiva da Academia Galega do Audiovisual na actualidade, actriz, humorista e, que se entere toda a provincia, tamén futbolista. […]

María Calvo (RC Deportivo): «Se soñas, cúmprese»

Fotos: RC Deportivo Houbo a quen esta corentena lle privou de todo. E houbo a quen lle veu ben. Entendámonos e quedémonos coa parte máis superficial da frase. O asunto non é para bromas. Pero o certo é que a unha das promesas do fútbol lucense o parón xeral chegoulle practicamente ao mesmo tempo ca […]

As nosas redes falan: edición especial corentena

Foto de portada: Facebook Muimenta SD As competicións levan paradas máis dun mes e medio na provincia. Os obxectivos pasan a un segundo plano. Non hai que anunciar partidos nin dar conta dos goles. Por iso toca reinventarse. Varios equipos lucenses desenvolven estes días nas redes diversas actividades para entreternos neste confinamento. Xa sabedes que […]

Nuria Louzao (SD Antas): «Tomo o fútbol con compromiso, pero para desfrutar»

No corpo, a ansia de competir; na mente, a frustración de que todo non vai como unha pensa. Nuria Louzao García (Antas de Ulla, 06 – 05 – 1989) porta o brazal de capitá do equipo do seu pobo. Afeccionada ao fútbol dende que arrincaba a cabeza das bonecas para xogar con elas como se […]

Marcos Valín: «Nas lesións foi onde máis aprendín»

Foto de portada: Laura Santos As lesións impedíronlle chegar máis lonxe no fútbol. As lesións permitíronlle saber valorar máis o que tiña. Marcos Valín (Guntín, 16-10-1987) tivo que deixar definitivamente o balompé hai xa máis de dous anos. Cando tentaba comezar unha nova reinserción da súa traxectoria deportiva. A súa “tardía” chegada ao fútbol campo […]

Txiki (Carballedo CF): «A capacidade para xuntar xente foi o que máis me sorprendeu»

Son tempos de conformar proxectos. Críticos para algúns equipos. A escaseza de xogadores ou de xente responsable á fronte pode derivar nun futuro negativo. Pero mentres algúns clubs na provincia debaten o seu futuro, hai un que xa o ten amarrado. O Carballedo CF recolle os cementos do desaparecido A Barrela e terá equipo na […]

A Copa Deputación intercalarase coa Liga se nada se torce

A sorpresa maiúscula semella que vai ser posible. Hai dúas semanas comentamos as intencións da Real Federación Galega de Fútbol para vindeiras campañas no fútbol lucense. Pero unha das ideas principais xa se vai desenvolver nesta tempada se non hai cambios de última hora. Así se anunciou nunha nova reunión ma Delegación da Federación en […]

Diario dun mercado. Episodio 121

O Polvorín ponse en marcha. Faino con dúas novas chegadas máis do que xa anunciamos. O gardamallas Unai Marino chega a Lugo. É o vencedor do «En Busca del Portero del Futuro» organizado por Fútbol Emotion. O porteiro de Bizkaia estará no filial e traballará co primeiro equipo. Deste xeito no Polvorín haberá tres porteiros. […]

Diario dun mercado. Episodio 118

O inicio das pretemporadas cada vez está máis preto. O Racing Vilalbés comeza o próximo xoves os adestramentos. Ademais dos futbolistas renovados e fichados, farao con dúas caras novas. O mediocentro de Valadouro, Brais Prieto (este curso no Ribadeo) e o dianteiro de Palas, Iván Navia (esta campaña no Racing de Ferrol DH) estarán a […]

Diario dun mercado. Episodio 114

Na Preferente comezan a poñerse en serio e os lucenses da categoría son xa claros protagonistas do mercado. O Foz renovou a Jacob, Cayón, Eijo e Dani Chao. Ademais incorporou ao primeiro equipo aos xuvenís Jorge Méndez e Álex Carreiras. E confirmou as dúas primeiras incorporacións. Álex Paz, ex do Viveiro ou do Xove Lago, […]